Pararraios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gasparoff (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Gasparoff (conversa | contribucións)
Liña 14:
Peter Ahlwardts (''"Reasonable and Theological Considerations about Thunder and Lightning"'', [[1745]]) dixo que as persoas que buscaban protexerse dos raios deberían ir a calquera lugar excepto dentro ou arredor dunha igrexa.<ref>{{Cita web|título=religion - Was there any theological opposition to the lightning rod?|url=https://history.stackexchange.com/questions/2501/was-there-any-theological-opposition-to-the-lightning-rod|páxina-web=History Stack Exchange|data-acceso=2022-07-27|lingua=en}}</ref>
 
En Europa, o pararraios foi inventado polo teólogo e físico, [[Václav Prokop Diviš]], entre [[1750]] e [[1754]]. É o inventor do primeiro '''pararraios''' conectado a terra'', ''que ergueu o 15 de xullo de 1754 no xardín da súa casa en [[Přímětice u Znojma]]. Consistía en 400 puntas metálicas afiadas unidas na parte superior dun pilón de apoio de 42 m de altura. A estrutura estaba suxeita por tres cadeas metálicas, unidas de forma condutora aos conos de terra de ferro enterrados no chan compactado. Describiu a súa "máquina do tempo meteorolóxico" no tratado ''"Descriptio machinae meteorologicae"''. A idea orixinal era eliminar continuamente a electricidade das nubes e evitar así os [[Raio (descarga eléctrica)|raios]] e as [[Tormenta|tormentas]], só en caso de fallar, a máquina tamén debería ser capaz de atraer directamente o lóstregro e canalizalo cara ao chan. Propuxo a súa máquina para ser usada en torres de igrexas e barcos. Enviou as súas observacións sobre o funcionamento da máquina a Jan Antonín Scrinci, profesor de física da [[Universidade Carolina de Praga]], quen as publicou en ''<nowiki/>'Prager Postzeitungen'<nowiki/>'', ''<nowiki/>'Brünner Intelligenz-Zettel'<nowiki/>'' e enno ''<nowiki/>'Stuttgartisches Journal'<nowiki/>''. A máquina tamén é mencionada por [[Leonhard Euler]] en ''<nowiki/>'Lettres à une Princesse d'Allemagne'''.

En [[1755]] Diviš pediulle ao emperador [[Fernando I de Austria]] que lle permitise construír máis máquinas en varios lugares para o benestar do pobo. O emperador deixou que os matemáticos de Viena valoraron a proposta, pero eles rexeitárona. O abate Marci, matemático da corte e amigo de Diviš comentou: "Blasfemant, quae ignorant" (condenando o que non saben).
 
En [[1756]] a máquina foi danada polo vento e despois reconstruída, e despois, o 10 de marzo de [[1760]], os veciños furiosos de Přímětice derrubaron a estrutura, culpando a Diviš da seca que asolou a rexión ese ano. Máis tarde no ano, despois do verán no que as treboadas provocaron moitos estragos nos campos e viñedos, a xente pedíalle que reconstruíse a máquina, que fixo no recinto do mosteiro de Loucky, e construíu outra no alto da torre da igrexa en [[Přímětice]].