Roger Y. Tsien: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 37:
 
== Traxectoria ==
Roger Y. Tsien naceu en [[Nova York]], aínda que creceu en [[Livingston, Nova Jersey|Livingston]] (Nova Jersey). O seu pai era enxeñeiro mecánico, e os seus tíos por parte de nai eran profesores de enxeñería no [[Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts]] (MIT). Un dos seus tíos foi o prominente científico chinés [[Qian Xuesen]]. Tsien, que se considera a si mesmo enxeñeiro molecular, dixo nunha ocasión: «estou facultado pola miña herdanza para desenvolver este tipo de traballo».<ref>Steele, D. (2004) Cells aglow. HHMI Bulletin, Summer 2004, 22-26</ref>
 
Tsien sufría de [[asma (doenza)|asma]] de pequeno, polo que pasaba gran parte do seu tempo en casa. Así, dedicaba longas horas a experimentos químicos no seu laboratorio do soto. Con dezaseis anos gañou o primeiro premio da [[Intel Science Talent Search]], competición a nivel nacional nos Estados Unidos para estudantes de secundaria, cun proxecto sobre como os metais se unen ao [[tiocianato]].<ref>[http://www.jbc.org/cgi/content/full/281/37/e29 The Chemistry of Fluorescent Indicators: the Work of Roger E. Tsien] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090714131246/http://www.jbc.org/cgi/content/full/281/37/e29 |date=14 de xullo de 2009 }}.{{en}}</ref>