Gran Val do Rift: Diferenzas entre revisións

Sen resumo de edición
 
== Historia e características ==
 
=== Xeografía ===
A parte norte do Rift fórmaa o val do [[río Xordán]], que corre cara ao sur dende o [[lago Hula]] e o [[mar de Galilea]] ata o [[mar Morto]], dende alí o Rift ocúpao o [[Wadi Arabah]] e despois o [[golfo de Aqaba]] e o [[mar Vermello]].
 
En Tanzania, un pouco ao norte do Lago Niasa, o val divídese unha vez máis, cunha póla que segue para o noroeste e despois para o norte, formando o lago Tanganica que fai fronteira entre a [[República Democrática do Congo]] e Tanzania e [[Burundi]], segue polo [[lago Kivu]] que separa [[Ruanda]] do Congo, os lagos [[Lago Eduardo|Eduardo]] e [[Lago Alberte|Alberte]], cunha das nacentes do [[Nilo]] que o separan de [[Uganda]], coñecido como Rift occidental ou albertino, onde se atopan a maioría dos [[grandes lagos Africanos]] xa mencionados. O [[lago Vitoria]] atópase entre os dous ramos do Val do Rift.
 
[[Ficheiro:Nyiragongo volcano - SRTM.jpg|miniatura|esquerda|400px|Volcán de Nyiragongo.]]A concentración volcánica é alta: [[Kilimanjaro]], [[monte Kenya]], [[monte Karisimbi]], [[monte Nyiragongo]], [[monte Meru]] e [[monte Elgon]], así como o cráter Highlands en Tanzania. O volcán Ol Doinyo Lengai continúa activo, é o único volcán de natrocarbonatite do mundo. Outra zona volcánica extremamente activa é o Triángulo Afar.
 
==== Vulcanismo ====
A concentración volcánica é alta: [[Kilimanjaro]], [[monte Kenya]], [[monte Karisimbi]], [[monte Nyiragongo]], [[monte Meru]] e [[monte Elgon]], así como o cráter Highlands en Tanzania. O volcán Ol Doinyo Lengai continúa activo, é o único volcán de natrocarbonatite do mundo. Outra zona volcánica extremamente activa é o Triángulo Afar.
 
En Kenya o Val é máis fondo ao norte de [[Nairobi]], aquí os lagos non teñen saída ao mar polo que teñen un alto contido en sales, entre os máis importantes lagos destacan [[lago Magadi]] que é case sólido ''sodium carbonate'', o [[lago Elmenteita]], o [[lago Baringo]], o [[lago Bogoria]] e o [[lago Nakuru]] son todos moi alcalinos. O [[Lago Naivasha]] ten fontes de auga doce, o que lle permite ter unha elevada biodiversidade.[[Ficheiro:Great Rift Valley map-gl.svg|miniatura|División en placas tectónicas da zona do Gran Val do Rift africano.|esquerda]]A separación das placas continúa, polo que dentro duns poucos millóns de anos, o Océano Índico asolagará a África Oriental e formarase unha grande illa coa rexión da costa de África.
 
[[Ficheiro:Great Rift Valley.png|miniatura|Gran Val do Rift en África.]]
 
=== Antropoloxía ===
O Gran Val do Rift é unha gran fonte de descubrimentos antropolóxicos, en especial na área coñecida como Piedmont, debido a que as rapidamente erosionadas montañas cubriron o val con sedimentos e unha contorna natural favorable para a conservación de restos fósiles. Os ósos de numerosos homínidos antecesores dos modernos humanos atopáronse aquí, incluíndo os de [[Lucy (Australopithecus)|Lucy]], un esqueleto case completo de [[australopithecus]], descuberto por [[Donald Johanson]]. [[Richard Leaky|Richard]] e [[Meave Leakey]] tamén fixeron un significativo traballo nesta rexión.
 
19.835

edicións