Batalla da Ponte Milvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «saiu»
Liña 8:
No ano 312 Constantino era xa un comandante experimentado. Ademais da campaña contra o seu sogro Maximiniano, ocupado no control da fronteira da Rin realizara varias expedicións contra os xermanos. Segundo as fontes, Constantino tomou unha pequena parte das lexións destinadas a esta tarefa e puxo rumbo a Italia, onde chegou en poucas semanas. Pasados os Alpes, derrotou as gornicións que Maxencio estacionara en Turín, Milán, Módena, Verona e Aquileia.
 
Controlado o norte de Italia, chegou a [[Roma]] en outubro e acampou na proximidades da [[Prima Porta]]. Maxencio saiusaíu co seu exército o 28 de outubro pola Via Flaminia, que entraba a Roma polo norte a través da Ponte Milvio, e presentou batalla. Non está clara a razón pola cal Maxencio, en lugar de resistir no interior de Roma, decidiu acometer as tropas de Constantino. Segundo as fontes clásicas, Maxencio guiouse polos vaticinios dos harúspices e polo feito de que ese día celebraba o sexto aniversario da súa chegada ao trono. É posible tamén que se vise apremado polo descontento na cidade.
 
Constantino, un hábil xeneral, logrou empurrar as tropas de Maxencio, compostas en boa medida de soldados pretorianos, cara ao [[Tíber]]. Cando Maxencio decidiu recuar e regresar á cidade, pereceu con boa parte do seu exército afogado no río.