Literatura copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: +control autoridades using AWB
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «grande cantidade»
 
Liña 5:
A literatura copta desenvolveuse a partir do [[século II]] coa expansión do cristianismo nun [[Exipto]] cuxa cultura tradicional estaba a esmorecer. Ten trazos comúns, polo tanto, coas literaturas [[literatura siríaca|siríaca]], [[literatura etíope|etíope]], [[literatura armenia|armenia]] e [[literatura xeorxiana|xeorxiana]], xa que todas naceron pola necesidade de traducir tanto a [[Biblia]] como a [[liturxia cristiá]], que daquela só eran accesíbeis en [[lingua grega|grego]].
 
O desenvolvemento desta literatura influíu de xeito decisivo na separación da igrexa exipcia ([[monofisismo|monofisita]]) da de [[Bizancio]] ([[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]]), contribuíndo á reacción nacionalista-relixiosa ao dominio político, relixioso e lingüístico do [[Imperio Romano de Oriente]]. Nas súas orixes atópanse versións de obras cristiás gregas e, en efecto, moitas destas se coñecen hoxe grazas exclusivamente ás súas traducións ao copto. A literatura copta coñécese aínda mal, debido á pillaxe sufrida polos [[mosteiro]]s e bibliotecas, e á grandegran cantidade de material aínda inédito. O que resta son fundamentalmente textos cristiáns, aínda que fican bastantes [[gnosticismo|gnósticos]] e [[maniqueísmo|maniqueos]].
 
O primeiro traballo acometido foi a tradución da Biblia, da que non se conservan versións completas, senón só reconstrucións dalgúns libros e un [[Novo Testamento]]. A literatura copta propiamente comeza cos "[[apócrifo]]s", numerosas adaptacións libres do grego ou textos orixinais, escritos en ton lúdico e esaxerado. A maioría son relatos dos [[Feitos dos Apóstolos]] ou [[Evanxeo]]s novos, cheos de milagres e acontecementos prodixiosos. Hai tamén unha ''Apocalipse'' imaxinativa (non se pretendía transmitir un dogma exacto), que abunda nas atrocidades infernais e nas delicias paradisíacas. Redactáronse moitas vidas de [[santo]]s e "[[apotegma]]s", episodios moralizantes breves que ilustran unha máxima producida por un santo. Estes textos apócrifos resultan estereotipados e inxenuos.