Rinoceronte Editora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1:
'''Rinoceronte Editora''' é unha editorial galega creada en 2005 por iniciativa de [[Moisés Rodríguez Barcia]], o tradutor galego de ''[[O Señor dos Aneis]]'', e [[Penélope Pedreira]]. Ten a súa sede en [[Cangas|Cangas do Morrazo]].
[[ImageImaxe:Rinoceronte_logo.jpg|thumb|200px|left|Logo de Rinoceronte Editora]]
==Perfil==
Intentando cubrir algunhas das carencias detectables no mercado do libro en galego, a nova editorial aposta no seu catálogo pola tradución ó galego de autores de referencia da [[literatura universal]] dende as linguas orixinais en que foron escritas. No seu propósito de dar a coñecer en Galicia a obra de novelistas actuais nutriuse fundamentalmente de textos recentes —verdadeiros ''bestsellers'' nalgúns casos— versionados ó galego dende as máis diversas linguas da nosa periferia máis próxima (entre elas o [[húngaro]], o [[finés]], o [[islandés]], o [[hebreo]], o [[Lingua italiana|italiano]], o [[Lingua inglesa|inglés]] e o [[Lingua francesa|francés]]).