Manuel García Filgueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 6036064 de 83.61.107.90 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 5:
Era o líder da Sociedade Agraria de Mourente e o presidente da Federación Obreira Local de Pontevedra. Foi concelleiro [[PSOE|socialista]] en Pontevedra nas eleccións de [[1913]] e volveu ser concelleiro en [[1920]]. Foi membro do primeiro Comité Rexional do [[PCE]] (1923). Na [[Segunda República Española|República]] foi concelleiro en Pontevedra ata a súa detención e destitución polos [[Folga xeral revolucionaria de 1934|sucesos de outubro de 1934]] e colaborou en ''[[¡¡Revolución!!]]''. Foi acusado de traballo sectario polo PCE en 1934. Despois do triunfo da [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] foi elixido primeiro tenente alcalde e despois alcalde en substitución de [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall]] que marchou a Madrid coma Subsecretario de Gobernación.
 
Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra civil]] estivo agochado no monte con [[Rogelio González Suárez]], aínda así en agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e omulta de 250 pesetas.<ref>[https://www.boe.es/datos/pdfs/BOE//1940/280/C04658-04670.pdf ''BOE'', 6-10-1940, p. 4665.]</ref> O [[20 de xullo]] de [[1949]] presentouse ás autoridades.<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1949/07/21/016.html Se presenta a la autoridad el que fue jefe comunista de Pontevedra] Noticia en [[ABC (xornal)|ABC]] 21-7-1949, p. 16.</ref>. Foi xulgado o [[29 de outubro]] de 1949 acusado de auxilio á rebelión e sentenciado a 12 anos de reclusión menor. En novembro reducíronlle a pena a 2 anos de prisión menor e finalmente foi indultado. Non tivo moita actividade política posteriormente e sufriu un estraño atropelo do que quedou coxo.
 
{{Start box}}
Liña 14:
 
Foi pai do pintor [[Carlos García Mourón]].<ref>''[[La Voz de Galicia]]'', 25-6-1991, p. 30.</ref>
 
== Notas ==
 
{{Listaref|02}}
 
== Véxase tamén ==