Porcelana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 3:
A pasta da porcelana componse de [[caolín]] e [[feldespato]] e debe sofrer un complicado proceso de cocción en varias fases e a distintas temperaturas que oscilan entre os 700 e os 1450°C. O produto final é un material [[traslúcido]] de aspecto vitrificado, pouco [[poroso]], de cor branca e sonoro ó tacto que permite a fabricación de obxectos notables polo seu brillo, finura e resistencia ó calor. As porcelanas considéranse obxectos suntuarios e o seu estudo encádrase dentro das [[artes decorativas]].
 
[[ImageImaxe:Meissen-Porcelain-Dancers.JPG|thumb|right|[[Porcelana de Meissen]].]]
A orixe da porcelana está en China, na época da [[dinastía Shui ]] ([[581]]-[[617]]). Xa no periodo seguinte, a [[dinastía Tang]] ([[618]]-[[906]]), a porcelana obtivo enorme pulo e fabricáronse obxectos da maior calidade artística. As primeiras noticias sobre o material chegaron a Europa da boca e a pluma de Marco Polo, pero o comercio efectivo non comezou ata mediado o [[século XIV]]. Os obxectos, xa preciosos no seu lugar de orixe, aumentaban de prezo polas dificultades do transporte, polo que os clientes europeos chegaban a pagar por eles sumas exorbitantes. Este feito provocou que pronto se intentase fabricala nos países importadores, pero se descoñecían completamente tanto a composición exacta da pasta como as temperaturas adecuadas para a sua cocción. Os diversos experimentos foron permitindo a descoberta de novos materiais: na corte dos [[Médici]]s inventouse unha falsa porcelana, a porcelana branda o terna, similar á cerámica [[maiólica]], que coce a menor temperatura e é menos resistente que a porcelana dura. Este tipo de pasta acadou en [[Inglaterra]] gran calidade.