Pobos do Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1:
Coñécese como '''Pobos do Mar''' a unha serie de pobos da [[Idade do Bronce]] que, a raíz da caída da cultura troiana, sobre o [[-1200]] e da [[Micenas|micénica]], a finais do [[século -XIII]] e, polo tanto, no comezo da [[Idade Escura]], migran para [[Oriente Próximo]].
[[ImageImaxe:Seapeople.jpg|thumb|right|200px|[[Ramsés III]] derrotando aos Pobos do Mar]]
Parece que se trata dun conxunto amplo e variado de poboacións que se fixeron ao mar buscando novas terras (migracións) ou simplemente intentando sobrevivir (a través da pirataría, as migracións continuas e mesmo a conquista de pequenas cabezas de ponte). As razóns polas que se foron ao mar deben buscarse nun proceso non demasiado longo que vai a partir da guerra de [[Troia]] á destrución da cultura micénica. Os [[aqueos]] gañaron a guerra contra o seu rival económico, pero a súa forza quedou minguada e, mentres as poboacións da esfera de influencia troiana da [[Anatolia]] occidental e a [[Paflagonia]] empezaron a migrar, eles sucumbiron a novas ondadas migratorias provenientes do norte. [[Grecia]] foi asolada e só [[Atenas]] conseguiu sobrevivir.