Fronte Polisario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Brathxa (conversa | contribucións)
m {{Organización}}
Etiqueta: edición de código 2017
formato
Liña 8:
O Polisario é o sucesor da [[Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro]] dos anos [[1960]], dirixido por [[Mohamed Bassir]], asasinado polo exército [[España|español]] durante a ditadura de [[Francisco Franco]].
 
== Traxectoria ==
Un grupo de estudantes, liderados por [[El-Uali Mustafa Sayyid]], conforma o Polisario o [[10 de maio]] de [[1973]] co propósito de atinxir a independencia do territorio mediante a loita armada, primeiro do dominio [[España|español]] e despois do [[Marrocos|marroquí]] e [[Mauritania|mauritano]]. O [[20 de maio|día 20]] inician os primeiros enfrontamentos armados co ataque, por un grupo de sete guerrilleiros, ao posto de policía de Janguet Quesat, neste ataque como noutros os combates baséanse nunha estratexia de guerra de guerrillas, a primeira organizada nun deserto. Nun primeiro momento a maioría dos militantes do Polisario residen fóra do territorio e as accións armada serven para darse a coñecer no interior, o que se une o repartimento de propaganda nas cidades saharauís.
 
Liña 18 ⟶ 19:
Tras os acordos de Madrid do [[14 de novembro]] de 1975 polos que España cedeu o Sáhara Occidental a Marrocos e Mauritania, a guerrilla continúa combatendo aos países veciños que se repartiron o territorio, logrando o [[5 de agosto]] de [[1979]] que [[Mauritania]] cedese a súa parte do Sáhara Occidental ao Polisario, pero isto non é recoñecido por [[Marrocos]], que se anexiona esa zona.
 
Dende 1975, a organización ten o seu centro de operacións en [[Tinduf]], territorio [[alxeria]]no, e mantén un amplo apoio no interior do Sáhara español e entre os estudantes saharauís nas [[Canarias]] e [[Madrid]]. O mesmo ano as [[Nacións Unidas]] recoñecen o movemento. En febreiro de [[1976]] a Polisario proclama a '''[[República Árabe Saharauí Democrática]] (RASD)''' cun goberno no exilio. A RASD é membro da [[Unión Africana]]. Foi recoñecida como estado por 66 países, a maioría africanos ou latinoamericanos. Outros moitos estados non recoñecen ao Sáhara Occidental pero si o Polisario como representante do pobo saharauí.
 
Os combates seguen durante 1976 e 1977, época durante a que a FP conta cuns 10.000 homes armados, atacando as localidades nas que se estableceran os marroquís e mauritanos e as instalacións de Fosbucrá, pero tamén o sur de Marrocos. Marrocos perdeu neses anos 20 avións e helicópteros, 600 vehículos e perdeu uns 4.200 homes, mentres Mauritania perdía 1.600 homes, segundo datos do Polisario. ata o [[6 de setembro]] de [[1991]], día en que se acorda un alto o [[fogo]] trala creación dos [[Muro marroquí|muros marroquís]].
Liña 24 ⟶ 25:
A [[MINURSO]] (Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental) é o organismo encargado de velar polo alto o fogo e preparar un referendo, aínda non celebrado.
 
O Polisario controla a parte occidental do territorio alén dos muros (un total de oito), aínda que o territorio está practicamente deshabitado e as súas tropas están estacionadas en [[Alxeria]].
 
En [[Tindouf|Tinduf]] están organizados os [[Campos de refuxiados saharauís]]. Ata fai un tempo tiñan no seu poder uns 500 soldados marroquís como prisioneiros de guerra, algúns dende hai máis de 20 anos, aínda que foron liberados incondicionalmente como xesto de boa vontade. En [[Marrocos]] foi censurada toda información sobre esta liberación, xa que a monarquía alauíta nunca recoñeceu a existencia de prisioneiros marroquís en mans do Polisario.
 
O apoio tradicional de [[Libia]] e [[Alxeria]] diminuíu.
 
== Ideario do Polisario ==
Liña 73 ⟶ 74:
# O dereito e o deber do traballo.
 
== LigazónsVéxase externastamén ==
{{commons|Category:Polisario Front}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20080502035045/http://www.wsahara.net/sadr.html RASD]
* Páxina do [https://web.archive.org/web/20051225194038/http://www.nodo50.org/aapscyl/historia/historia.htm pobo saharauí]
 
{{control de autoridades}}
{{commons|Category:Polisario Front}}
 
[[Categoría:Partidos políticos]]
[[Categoría:Nacionalismo saharauí]]