Uhha-Ziti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: +control autoridades using AWB
Zaosbot (conversa | contribucións)
m .etc/espazos citas/espazos seccións/libro estilo (via JWB)
 
Liña 1:
'''Uhha-Ziti''' foi rei de [[Arzawa]] desde aproximadamente o [[-1330]] ata o [[-1320]] ou [[-1319]].
 
== Historia ==
O rei hitita [[Mursilis II]] iniciou o seu reinado combatendo aos [[Kaska]] do nordeste de Anatolia, preto da [[Cólquida]], e ao reino de [[Palhuissa]] que ficou pacificado no segundo ano de reinado; na primavera seguinte foi desde Ankuwa contra [[Attarimma]], [[Huwarsanassa]] e [[Suruda]], cuxos reis fuxiron a Arzawa. Mursilis pediu a súa entrega, pero Uhha-Ziti negouse e ofendeuno chamándolle "rapaz". Mursilis foi a Palhuissa para reunir un exército. A campaña está ben documentada nos anais (ano dous): invadiu Arzawa e no monte Lawasa, pouco antes de chegar ao río Sehiriya, veu un raio (un meteoro probabelmente) que marcaba dirección norte cara [[Apasas]]. En [[Sallapa]], Mursilis xuntou as súas forzas coas do seu irmán [[Sarri-Kusuh]], ao que o seu pai había facer rei de Kargamis ([[Karkemish]], en Siria).