Robert DeLeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxo en ficheiro (via JWB)
Zaosbot (conversa | contribucións)
m .etc/espazos citas/espazos seccións/libro estilo (via JWB)
Liña 20:
'''Robert Emile DeLeo''', nado en Montclair ([[Nova Jersey]]) o [[2 de febreiro]] de [[1966]], é un baixista estadounidense que toca en [[Stone Temple Pilots]]. Anteriormente formou parte das bandas [[Talk Show]] e [[Army of Anyone]]. É o irmán menor de [[Dean DeLeo]], que toca a guitarra tamén en [[Stone Temple Pilots]].
 
== Traxectoria ==
=== Stone Temple Pilots ===
Robert coñeceu a [[Scott Weiland]], que sería posteriormente o vocalista de [[Stone Temple Pilots]], nun concerto de [[Black Flag]] en Long Beach. Pouco despois decatáronse de que estaban saíndo coa mesma rapaza, e cando ela mudouse a Texas, Robert e Scott foron vivir ao seu apartamento en San Diego, onde intentaron formar unha banda. Contactaron co batería [[Eric Kretz]] e Robert convenceu ao seu irmán Dean para que tocase a guitarra na nova banda. Esta foi bautizada como Mighty Joe Young, nome tirado dunha película titulada así.