Olinda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1:
[[ImageImaxe:Panoramica olinda e recife ao fundo.jpg|thumb|200px|right|Olinda. Ao fondo, Recife.]]
O nome da cidade de '''Olinda''', segundo se cre, derivou da frase ''Ó linda localización para construir unha cidade'', por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano [[1535]] por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sé da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sé para a cidade do [[Recife, Brasil|Recife]]. Cando os holandeses foron expulsados o [[1654]], voltou a ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de [[Pernambuco]] novamente para Recife.
 
Olinda ten unha poboación de 367.902 no total e unha área de 37,9 Km². Fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 6 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co [[Océano Atlántico]].
[[ImageImaxe:Ruas_de_Olinda.jpg|200px|thumb|Rúa do centro histórico de Olinda.]]
Non só destaca pola súa beleza natural, tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do [[Brasil]] polas súas casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola [[UNESCO]]. O seu [[Carnaval]] tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior.