Diferenzas entre revisións de «Santuario da Nosa Señora do Corpiño»

m
Cambiando Image -> Imaxe
m (Category->Categoría)
m (Cambiando Image -> Imaxe)
[[ImageImaxe:O_corpino_jpereira.jpg|thumb|right|200px|[[Exvoto]]s]]
O [[santuario]] da '''Nosa Señora do Corpiño''', ou máis comunmente chamado '''O Corpiño''', atópase situado na parroquia de [[Losón, Lalín|Santa Baia de Losón]] pertencente o concello de [[Lalín]], nun pequeno outeiro situado no alto do val do [[río Deza]], a medio camiño na estrada que vai de [[Silleda]] a [[Vila de Cruces]].
 
==Historia==
[[ImageImaxe:Santuario_o_corpino_jpereira.jpg|thumb|right|200px|Vista do Santuario]]
A arquitectura actual do inmoble data de finais do [[século XIX]]. Nembargantes a localización do actual santuario foi escollida ao redor do [[século XII]], pois di a lenda que preto de alí, nunha pequena ermida ofrecida a [[Hadrián de Canterbury|Santo Hadrián]], vivía un personaxe que presentaba unha gran devoción pola figura da [[Virxe María|Virxe]], á que lle dedicaba numerosos [[sermón]]s que eran recibidos de grado polos veciños da zona. A lenda di que co paso do tempo o home apareceu morto mais co seu corpo incorrupto, o que se interpretou como unha [[milagre]] que a Virxe obrara. En resposta a tal suceso, os veciños levantaron unha capela na súa honra, onde agora se atopa o templo actual. A lenda tamén conta que [[Almanzor]] destruíu o templo, feito nunca probado historicamente, e que dende aquela a [[ermida]] caeu no esquecemento, ata que unha parella de pastoriños, mentres se refuxiaban dunha [[tormenta]] presenciaron a [[aparición mariana|aparición]] da Virxe co neno no colo. Dende entón o lugar retomaría o culto.
 
== A romaría ==
[[ImageImaxe:O_corpino_1_jpereira.jpg |thumb|right|200px|Graffiti]]
As [[peregrinación]]s de crentes sucédense todo o ano, aínda que alcanzan o seu punto álxido na [[romaría]] celebrada entorno o 23-24 de xuño. Estas congregan a centos de romeiros que buscan un remedio para a súas doenzas, particularmente a xente afectadas de doenzas relacionadas co [[mais alá]], como feitizos, [[meigallo]]s, tolemias ou posesións demoníacas, quizais unha forma de denominar enfermidades mentais ou nerviosas pouco coñecidas. O Corpiño é tamén un dos poucos lugares da península onde aínda se practican [[exorcismo]]s para sacar o [[demo]] ou o meigallo fóra do corpo de fieis “posuídos”. Deste xeito [[relixión]] e [[bruxería]] confúndense nun único espazo coma únicos culpables ou remedios daquelas doenzas ás que a [[medicina]] supostamente non foi capaz de dar solución ou explicación.
[[ImageImaxe:Romeria_o_corpino_1_jpereira.jpg|thumb|right|200px|Romeiros baixo a Virxe]]
 
Durante estas datas do mes de xuño centos de fieis chegan durante a mañá co fin de presentarlle a súas ofrendas a Virxe en forma de [[exvoto]]s de cera, cirios ou mediante cruces ou nomes, que gravan nos paramentos da ermida durante o seu peregrinar o redor do templo, nun intento por deixar un sinal da súa relixiosidade e devoción. Trala [[misa]] da unha, os peregrinos arrexúntanse formando unha fila ao redor do templo, para que a figura da Virxe en [[procesión]] sexa levada por riba das súas cabezas. Nese momento os crentes fregan panos contra os [[pé]]s da Virxe co fin de cargalos dalgún tipo de poder curativo ou [[apotropea|apotropaico]], para levalos á casa e protexer aqueles enfermos que polas súas doenzas non puideron acudir á romaría.
*[[Galería de imaxes de_Lalín]]
=== Ligazóns externas ===
[[ImageImaxe:O_corpino_2_jpereira.jpg|thumb|right|200px|Virxe na procesión]]
*[http://www.triplov.com/seoane/meigallo.html Nosa Señora do Meigallo (M.A Seoane)]
*[http://peregrinos.wordpress.com/leyendas/virgen-de-o-corpino/ Peregrinos, Virxe do Corpiño]
67.216

edicións