Diferenzas entre revisións de «Jean Genet»

m
etc./espazos seccións/ espazos citas (via JWB)
m (Reemplazos con Replacer: «gran éxito»)
m (etc./espazos seccións/ espazos citas (via JWB))
 
'''Jean Genet''', nado en [[París]] o [[19 de decembro]] de [[1910]] e finado na mesma cidade o [[15 de abril]] de [[1986]], foi un [[poesía|poeta]], [[novela|novelista]] e [[teatro|dramaturgo]] [[Francia|francés]].
 
== Traxectoria ==
Genet, fillo ilexítimo dunha prostituta, Camille Gabrielle Genet, que o abandonou cun ano de idade á Asistencia Pública (unha organización que supervisa o coidado dos fillos non desexados), e dun obreiro, François Genet, viviu dende os oito anos cun carpinteiro de [[Morvan]] e coa súa familia, os cales foron vítimas dos seus primeiros roubos. A infancia do escritor estivo marcada por numerosos roubos e intentos de fuga, chegando a ser acusado de furto con dez anos de idade. A súa adolescencia non foi menos escabrosa, marcada por numerosas estancias en varias prisións xuvenís, como a de [[Mettray]], [[Fresnes]] ou [[Santé]], chegando incluso a prostituírse. Aos dezanove anos uniuse á Lexión Estranxeira Francesa, pero pronto a abandona (xa que foi declarado culpable de realizar actos impúdicos cun compañeiro) para dedicarse a deambular por diversos lugares de [[Europa]]. Nesta etapa da súa vida foi acusado de [[homosexualidade]], contrabando e roubo. A partir de [[1930]] a súa vida oscilará entre cárcere e cárcere; nove anos despois Jean Genet comeza a escribir.
 
18.473

edicións