Norberto Bobbio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Norberto Bobbio''' ([[Turín]], [[Italia]], [[18 de outubro]] de [[1909]] - [[9 de xaneiro]] de [[2004]]), [[Dereiro|xurista]], [[Filosofía|filósofo]] e [[Ciencia política|politólogo]] [[Italia|italiano]].
 
==Biografía==
“Norberto Bobbio” (Turín, 1909) é un dos pensadores e filósofos políticos máis importantes de Europa. En 1975 iniciou en Italia o debate sobre socialismo, democracia, marxismo e comunismo, que influíu nas novas xeracións de todo o continente. Nesta entrevista “Bobbio” únese á discusión sobre o significado actual do iluminismo e fala tamén das teses sobre a "utopía reaccionaria" do nazismo e o comunismo.
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía|Bobbio, Norberto]]
 
[[de:Norberto Bobbio]]
[[en:Norberto Bobbio]]
[[eo:Norberto Bobbio]]
[[es:Norberto Bobbio]]
[[fi:Norberto Bobbio]]
[[fr:Norberto Bobbio]]
[[hu:Norberto Bobbio]]
[[io:Norberto Bobbio]]
[[it:Norberto Bobbio]]
[[oc:Norberto Bobbio]]
[[pl:Norberto Bobbio]]
[[pms:Norberto Bobbio]]
[[pt:Norberto Bobbio]]
[[scn:Norbertu Bobbiu]]
[[sv:Norberto Bobbio]]
ENTREVISTA
Comunismo e nazismo foron reaccionarios
POR LUIS ÁNGEL FERNÁNDEZ HERMANA
“Norberto Bobbio” (Turín, 1909) é un dos pensadores e filósofos políticos máis importantes de Europa. En 1975 iniciou en Italia o debate sobre socialismo, democracia, marxismo e comunismo, que influíu nas novas xeracións de todo o continente. Nesta entrevista “Bobbio” únese á discusión sobre o significado actual do iluminismo e fala tamén das teses sobre a "utopía reaccionaria" do nazismo e o comunismo.
PREGUNTA: Nalgunha enciclopedia lin : “Norberto Bobbio”, "expoñente do pensamento neoilustrado". Por competencia formalmente recoñecida debo darlle a palabra na discusión aberta en “La Repubblica” por un artigo de Eugenio Scalfari que plantea varias cuestións, pero sobre todo esta: Isaiah Berlín titulou a súa antoloxía de ensaios sobre autores ilustrados Contracorrente, pero hoxe que vai máis contracorrente, ¿estar cos ilustrados ou cos seus adversarios?
 
RESPOSTA: A xulgar polas filosofías dominantes hoxe, e sobre todo polos dous grandes puntos de referencia dos filósofos contemporáneos, que son Nietzsche e Heidegger, debería dicir que ten razón Scalfari, que é a Ilustración a que vai a contracorrente.
Empecemos por Berlín: Scalfari sospeita que o seu corazón está do outro lado. Vostede tamén sospeitou nalgún momento algo parecido, nun artigo de 1980 para a “Rivista Storica” Italiana [Revista Histórica Italiana], dedicado a ese mesmo libro, que acababa de saír en Inglaterra.
Liña 35 ⟶ 17:
A liberdade positiva (a liberdade "de", a capacidade de ser donos de si mesmos, de facer, de eliminar os obstáculos), á que Berlín prefería a negativa (a liberdade "desde"), máis xenuinamente liberal, mentres que a primeira está emparentada co socialismo e o comunismo, lévanos aquí a medir as relacións entre a Ilustración e o marxismo. Para Berlín o marxismo representaba a "esaxeración" da parte oposta ao nacionalismo, o comunismo era un exceso de universalismo e de racionalismo, igualmente perigoso.
Pero tampouco nesto me convence Berlín, porque respecto á liberdade da democracia liberal e burguesa, nazismo e comunismo son irmáns: teñen o mesmo inimigo. Gustoume moito o libro que acaba de saír, de Paolo Bellinazzi – “L'utopia reazionaria” [La utopía reaccionaria], Editorial Name- que analiza os argumentos que nazismo e comunismo propoñen como defensa das súas propias teses e demostra que o nazismo e o comunismo, contrariamente á opinión común segundo a cal son ideoloxías opostas teñen matrices comúns: os dous combaten o libre mundo burgués do mercado e dos estados parlamentarios, os dous casan coa Gemeinschaft contra a Gesellschaft, a comunidade arcaica (aquela na que un individuo é só parte dun organismo) contra a sociedade moderna dos individuos singulares (e en canto tales, en libre relación entre eles), os dous se opoñen ao individualismo e son partidarios do organicismo social.
 
Vostede está dicindo que comunismo e nazismo se presentan como inimigos da modernidade.
Sí, e Bellinazzi argumenta moi ben esta teses. Cando, por exemplo, indaga nas relacións entre os dous antagonistas Carl Schmit e György Lukacs, descobre que apoian máis ou menos as mesmas ideas, porque teñen o mesmo inimigo, a burguesía e as filosofías do mercado; os dous se opoñen á mesma producción da riqueza, ambos son reaccionarios.
 
¿Vostede está de acordo coas teses de Bellinazzi?
O libro está moi ben documentado desde o punto de vista histórico e filosófico, e chamoume a atención tamén por certa correspondencia de ideas. Sempre mantiven que a historia do século XX se caracteriza por tres protagonistas: fascismo, comunismo e democracia (e non só polos dous primeiros). Tamén mantiven sempre que a victoria correspondería aos dous dos tres que se houberan aliado. A Segunda Guerra Mundial foi vencida pola alianza entre democracia e comunismo, que foi fatal para o nazismo. Esto é indubidable, pero tamén é verdade que esta alianza era unha alianza de guerra, que se realizou no momento en que estaba estalando a guerra mundial. E de feito, en canto se derrotou ao nazismo, comezou a guerra fría entre os dous vencedores, durante cincuenta anos, unha guerra que acabou sen necesidade de disparar, porque con Gorbachov os comunistas tiraron a toalla.
¿Polo tanto, esa alianza non tiña raíces nunha maior afinidade ou nunha menor distancia entre comunismo e democracia? Porque, verá vostede, estamos, en certo sentido, acostumados a pensar no marxismo como unha "esaxeración", pero da parte oposta á do nazismo, como un exceso do "racionalismo abstracto" máis que como un exceso do "irracionalismo concreto". En resumidas contas, error sí, pero por parte dos ilustrados e máis alá de eles.
Esta é unha das ideas que os comunistas cultivaron para xustificarse a sí mesmos, foi un intento de autolexitimación.
 
Sen embargo, o nazismo declarábase inimigo das Luces, mentres que o comunismo quixo ser continuador e "superador".
Esta valoración está destinada a cambiar. Nós, que combatemos o nazismo como aliados dos comunistas (e afortunadamente existiu esta alianza, que determinou a victoria da democracia), sempre intentamos lexitimar e xustificar en certo modo aos comunistas. Era comprensible que intentáramos representalo como un fenómeno progresivo e non regresivo. Éramos aliados nunha guerra mortal, ¿entende? Nós esforzabámonos por ver os aspectos positivos, que despois da caída do comunismo xa non vemos. Despois da súa derrota definitiva vímonos obrigados a revisar a idea que nos fixeramos do comunismo.
 
En 1989 vostede falaba dun célebre artigo aparecido en “Stampa”, de "utopía invertida"; agora esta converteuse nunha "utopía retrógrada".
Aceptou a expresión do título do libro de Bellinazzi, utopía reaccionaria. Neste deseño utópico de transformación radical da sociedade está implícita nunha idea antiliberal, porque o liberalismo cree que a historia da liberdade é unha historia de continuos pasos do ben ao mal, de intentos logrados e falidos. No hai un fin obrigado na sociedade perfecta. Liberalismo é igual a antiperfeccionismo, mentres que tanto o marxismo como o nazismo eran utopías perfeccionistas.
 
OBRA
==Pensamento==
A obra de “Bobbio”'''Bobbio''' caracterizouse pola conxunción de dous valores que para el deben ir xuntos, a liberdade e a xustiza. Pódese enmarcar o seu pensamento dentro da corrente denominada liberal-socialista que sostén que son necesarios dereitos sociais fundamentais como educación, traballo e saúde como condición previa para un mellor exercicio da liberdade.
Podemos dicir que hai dous autores moi influentes na súa obra: o pensador austríaco Kelsen, especialmente na área do Dereito e o autor do “Leviatán” Thomas Hobbes, especialmente na área da Teoría Política. Outros intelectuais influentes na súa obra son Benedetto Croce e Max Weber. É interesante observar que a través do estudo da obra de Hobbes, Bobbio entrou en contacto co politólogo alemán Carl Schmitt (quen foi cuestionado pola súa posición achegada ao nazismo) co cal mantivo unha prolongada relación epistolar.
Como intelectual enfatiza constantemente “la certeza de la duda”. É un home aberto ao debate de ideas e considera fundamental a loita polos valores democráticos. A definición de democracia de Bobbio é bastante básica: “un conxunto de regras (primarias ou fundamentais) que establecen quén está autorizado para tomar as decisións colectivas e baixo qué procedementos”. Esta concepción non está ligada basicamente a un contido e esto é o que por exemplo critica “Alain Touraine”, posto que para o francés se ben as regras de procedemento son necesarias e incluso indispensables para a existencia da democracia, estas non son máis que un medio ao servizo de fins, e alí é onde se produce a diferencia entre as democracias reais e o ideal de democracia.
No seu libro “El futuro de la democracia” Bobbio observa algunhas características negativas das actuais democracias: subordinación dos individuos aos grupos organizados que loitan por intereses particulares en detrimento da representación política xeneral; permanencia do poder invisible que actúa ás costas e sen o coñecemento da colectividade (negociacións secretas); crecente poder dos técnicos e as burocracias e ingobernabilidade derivada da incapacidade das autoridades nacionais para procesar o conxunto de demandas sociais (entre outros problemas).
Para o autor o tema da democracia representativa é fundamental nas sociedades modernas posto que se fai imposible unha democracia sen mediacións. Bobbio observa que a democracia representativa non se esgota no “estado parlamentario” e cando se refire ao “proceso de democratización” pénsao como a difusión das regras de representatividade nos espazos da sociedade civil marcados pola organización xerárquica antes que pensalo coma un paso da democracia representativa á democracia directa.
 
Outro tema sobre o cal reflexiona moito o autor é o do rol do intelectual e ocúpase de diferencialo claramente do home de acción. Na súa obra “Los intelectuales y el Poder” establece unha diferencia entre os pensadores da política e os políticos de profesión. Mentres os primeiros se dedican a elaborar ideas, discutir problemas, os segundos dedícanse a tomar decisións. Aquí observamos a clara herdanza do pensamento weberiano na separación das esferas do coñecemento e da acción.
Os primeiros pasos de Bobbio na política foron na resistencia antifascista, o cal segundo as súas propias palabras marcou un antes e un despois na súa vida. Durante ese período sufriu o encarceramento. Sen embargo, fai pouco tempo abriuse unha forte polémica cando Norberto Bobbio aceptou debater con un periodista o seu rol durante o fascismo. Alí confesou que a súa posición no período en que foi perseguido non foi de todo valente: hasta se coñeceu unha carta que lle enviou a Mussolini na cal resalta a súa “total devoción” pola causa. O autor considera actualmente que foi a experiencia máis humillante que lle tocou vivir posto que era un accionar común da época o manifestarse adherente á causa fascista para tratar de salvarse das persecucións.
Pero sen dúbidas é na resistencia contra o fascismo onde comeza a súa carreira política. Primeiro ligado á corrente liberal-socialista a fin dos anos 30. Logo, durante a Guerra Fría, adscribiu ao movemento da política da cultura, oposta á política ordinaria dos políticos.
Con respecto á política internacional, Bobbio dedicouse activamente aos estudos sobre o problema da guerra, os camiños da paz e o pacifismo como actividade política. Para el é necesario fronte a algunhas manifestacións de violencia, responder con violencia, baixo ese criterio pronunciouse no momento da ocupación de Kuwait por Irak, feito que lle valeu unha polémica moi forte con moitos dos seus discípulos. Para o filósofo cando existe unha violación do dereito internacional por medio da forza volveuse lexítimo o uso da forza. É necesario segundo o autor que exista unha terceira forza neutral á dos dous actores en pugna para garantir a paz. Esta idea dun terceiro (Estado supranacional, Estado universal) é pertinente tamén para o autor nas cuestións referidas ás violacións aos dereitos humanos.
 
Actualmente Bobbio declara que lle interesan cada vez menos os problemas políticos coyunturais e ocúpase cada vez máis de problemas máis xerais como a vellez, a morte, etc. Fai poucos anos publicou a súa “Autobiografía” coa colaboración do periodista de “La Stampa Alberto Papuzzi”. Nela, lamentándose de non haber escrito nunca un diario, ocúpase de facer un repaso das súas vivencias, as súas actividades ao largo do século.
Repasa desde a súa infancia en Turín, as súas primeiras actuacións na política. Recorda tamén as súas “batallas políticas” , as súas discusións cos comunistas, aos que, a pesar de non comulgar co seu pensamento, respectaba no marco da súa actitude de libre confrontación de ideas. Pero sen dúbida o que mellor recorda son os seus anos como profesor, a actividade que máis satisfaccións lle deu.
 
Libros publicados: “Diccionario de Política”, escrito xunto a Nicola Matteucci e Gianfranco Pasquino, “El futuro de la democracia”, “Autobiografía”, “Ni con Marx ni contra Marx”, “Liberalismo y Democracia”, “Los intelectuales y el poder” “Teoría General del Derecho”, “Thomas Hobbes”, “Derecha e Izquierda” e “De senectute”.
==Obras==
*''Diccionario de Política'', escrito xunto a [[Nicola Matteucci]] e [[Gianfranco Pasquino]].
*''O futuro da democracia''.
*''Autobiografía''.
*''Nin con Marx nin contra Marx''.
*''Liberalismo e Democracia''.
*''Os intelectuais ew o poder''.
*''Teoría xeral do Dereito''.
*''Thomas Hobbes''.
*''Dereita e esquerda''.
*''De senectute''.
 
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía|Bobbio, Norberto]]
 
[[de:Norberto Bobbio]]
[[en:Norberto Bobbio]]
[[eo:Norberto Bobbio]]
[[es:Norberto Bobbio]]
[[fi:Norberto Bobbio]]
[[fr:Norberto Bobbio]]
[[hu:Norberto Bobbio]]
[[io:Norberto Bobbio]]
[[it:Norberto Bobbio]]
[[oc:Norberto Bobbio]]
[[pl:Norberto Bobbio]]
[[pms:Norberto Bobbio]]
[[pt:Norberto Bobbio]]
[[scn:Norbertu Bobbiu]]
[[sv:Norberto Bobbio]]