Deriva continental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Gallaecio (conversa | contribucións)
Liña 10:
 
==Probas==
 
[[Imaxe:Snider-Pellegrini Wegener fossil map.gif|thumb|right|Probas da deriva continental a través da coincidencia de patróns fósiles en varios continentes.]]
As probas da deriva continental son hoxe en día moi extensas, na forma de plantas e animais fósiles da mesma idade atopados nas costas de distintos continentes, suxestionando que estas costas estiveron unidas noutros tempos. Hai incluso casos de animais existentes, tales como a miñocas que se atopan en Sudamérica e en Sudáfrica.
 
===Probas [[Xeografía|xeográficas]]===
O coincidente encaixe das caras enfrontadas de Sudamérica e África é obvia, aínda que sexa unha coincidencia temporal: en millóns de anos, a deriva dos continentes e outras forzas tectónicas separarán aínda máis e rotarán estes dous continentes.
 
Wegener observou as coincidencias entre as liñas de costa dos continentes. Suxeriu que éstes formaran unha vez un único continente, que denominou [[Panxea]]. Este continente fragmentouse e deu lugar aos continentes actuais.
 
===Probas [[Paleontoloxía|paleontolóxicas]]===
 
Existen exemplos de [[fósil]]es de organismos idénticos que actualmente distan miles de quilómetros, cousa que non puido ser posíbel cando estes organismos vivían, polo que queda así probado que os continentes tiveron que estar xuntos algunha vez.
 
===Probas [[Xeoloxía|xeolóxicas]] e [[Tectónica de placas|tectónicas]]===
 
Se se unen os continentes, obsérvase que os tipos de rochas, a súa cronoloxía e as principais cadeas montañosas terían continuidade física. Pódese polo tanto dicir que moitas cordilleiras orixináronse en Panxea e logo separáronse.
 
===Probas paleoclimáticas===
 
Wegener descubriu que o clima actual dalgunhas zonas da Terra non coincide co clima que tiveron no pasado. Os continentes atopábanse nunha latitude máis ao sur que a actual.
 
==Datos varios==