Mesrop Mashtots: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «e falecido» |
m Reemplazos con Replacer: «gran obra» |
||
Liña 22:
A invención do alfabeto no ano [[406]] determinou o comezo da literatura armenia,<ref>[Histoire du Bas-Empire de Lebeau, V, 320]</ref> e probou ser un factor poderoso na formación dun espírito nacionalista. "O resultado do traballo de Mesrob e Isaac", di San Martiño, "foi separar para sempre ao pobo armenio doutros pobos do leste, para convertelos nunha nación propia, e para fortalecer neles a fe cristiá prohibindo o uso de alfabetos estranxeiros profanos que eran utilizados para transcribir os libros pagáns dos seguidores de [[Zoroastro]] (tamén chamado [[Zaratustra]]). A Mesrob debémoslle a preservación da linguaxe e a literatura armenias; porque sen o seu traballo, o seu pobo sería absorbido polos persas e sirios, e desaparecería como moitas outras nacións do leste".
A primeira
Os decretos dos tres primeiros [[concilio]]s ([[Primeiro Concilio de Nicea|Nicea]], Constantinopla e [[Concilio de Éfeso|Éfeso]]) e a liturxia nacional (até ese entón escrita en sirio) tamén foi traducida ao armenio, sendo a última revisada segundo a liturxia de [[San Basilio]], aínda que retendo algunhas características propias. Moitas obras dos [[Padres da Igrexa|Pais Gregos]] tamén foron traducidas. A perda dos orixinais gregos deu especial importancia a algunhas destas versións; así, a segunda parte das Crónicas de [[Eusebio de Cesarea|Eusebio]], das que só se conservan algúns fragmentos en grego, consérvase íntegro en armenio. Mesrop volveu visitar os sitios que había evanxelizado e, despois da morte de Isaac no ano [[440]], encargouse da administración espiritual do patriarcado. Sobreviviu ao seu mestre e amigo só seis meses. Os armenios len o seu nome no Canon da Misa, e celebran a súa memoria o [[19 de febreiro]]. San Mesrop está soterrado en Oshakan, unha vila a 8 km do suroeste de Ashtarak.
|