Rebordelos, Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 43:
Hai unha mámoa ó lado da estrada que vai á praia da Pedra do Sal, no predio da Medoña; un castro en [[Costenla, Rebordelos, Carballo|Costenla]], habitado no seu día polo pobo dos Brigantinos, segundo o etnógrafo e historiador [[Xesús Taboada Chivite]], mestizos de [[Oestrimnios]] e [[Celta]]s. En [[Vilar de Peres, Rebordelos, Carballo|Vilar de Peres]] hai varias casas señoriais, entre as que destaca a Casa da Tulla, onde ten orixe outra das ramas dos Rodríguez-Arijón. Tamén se pode ver a capela de San Xoán co seu cruceiro en [[Leira, Rebordelos, Carballo|Leira]].
 
A igrexa de San Salvador, de estilo románico, está no centro do lugar de [[Rebordelos, Rebordelos, Carballo|Rebordelos]] cunha rúa que a circunda. Hai un cruceiro a uns 150 metros. No informe do cardeal [[Jerónimo del Hoyo]] de [[1607]], consta que esta parroquia era anexa ó mosteiro da orde de Santo Agostiño de Caión. No [[catastro de Ensenada]] infórmanos que os décimos desta freguesía ían destinados a este mosteiro, e a loitosa pagábase ó Conde de Graxal de Caión, título correspondente ós Bermúdez de Castro. A igrexa pasou a ser anexa de Noicela a comezos do [[século XVII]]. Reedificouse desde a base no ano [[1735]], e levantouse de novo unha construción moi sobria tal e como a vemos na actualidade. Ten unha [[fachada]] lisa, na que se abre unha porta e unha pequena [[fiestra]] rectangulares, e coroando o conxunto, unha sinxela espadana dun so oco. O [[retablo]] maior e o lateral dereito pertencen ó primeiro [[barroco]]. Nos dous aparece no segundo corpo a imaxe do patrón San Salvador. Isto dános a insinuar que este lateral debía ser o que presidía a igrexa. O retablo da esquerda ardeu, e no seu lugar púxose un novo de comezos do [[século XX]]. En 1865, o arcebispo de Santiago, o cardeal Miguel García Cuesta, suprimiu o culto dominical en Rebordelos, obrigando ós fregueses a acudir a Noicela.
 
Destacan asemade varias casas de labranza con elementos típicos da arquitectura popular como son o hórreo ou o pombal.