Tras os Montes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zaosbot (conversa | contribucións)
m reversión de formato que non segue o libro de estilo da Galipedia-notas (via JWB)
Zaosbot (conversa | contribucións)
m espazos en citas/+etc. sen coma (via JWB)
Liña 6:
Tradicionalmente, o territorio de Tras os Montes limitaba ao norte con [[Galiza]], ao leste co [[León, España|León]], ao oeste co [[río Támega]] e ao sur co [[río Douro]]. Estes límites variaron lixeiramente, ao longo dos tempos.
 
O feito de ficar situadas estas terras alén dos montes galegos orixinou a denominación do territorio<ref>{{Cita web|título=O onomástico Trás-os-Montes - Ciberdúvidas da Língua Portuguesa|url=https://ciberduvidas.iscte-iul.pt/consultorio/perguntas/o-onomastico-tras-os-montes/34698|páxina-web=ciberduvidas.iscte-iul.pt|data-acceso=2020-12-11|cita=foram decerto os povos do Minho que deram o nome a Trás-os-Montes, pois esta província lhes fica para lá dos montes do Gerês, Cabreira, etc. Os Trasmontanos deviam naturalmente chamar à sua terra Aquém dos Montes;|lingua=pt}}</ref>, dun xeito similar ao acontecido coa planicie leonesa que figura como "''terra de fora''" na documentación medieval<ref>{{Cita libro|título=A formación do reino de Galiza (711-910)|apelidos=López Teixeira|nome=Xosé Antonio|editorial=Toxos Outos|ano=2010|ISBN=|ref=|páxina=136|cita=A 'Terra de foris' era o espazo de expansión da monarquía galaica. A partir do século X conformou o chamado 'territorio legionense'}}</ref>.
 
Até o [[século XVII]] a '''Provincia de Tras os Montes''' constituía unha [[correxedoría]], administrada por un [[correxedor]] - maxistrado con funcións xudiciais e administrativas. Paralelamente, en caso de guerra, a provincia tamén constituía a área de actuación dun [[fronteiro maior]], comandante militar a quen era atribuído o comando operacional das tropas da provincia en campaña.