Xoán III de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «e Brasil»
Liña 39:
 
== Traxectoria ==
Ascendeu ao trono cando [[Portugal]] posuía cidades fortificadas no [[Norte de África]] e os seus mariñeiros tiñan navegado nos océanos [[Atlántico]], [[Índico]] e [[Pacífico]], espallándose polas illas atlánticas, polas costa occidental e oriental de África, [[India]], [[Malaisia]], Illas do Pacífico e posiblemente [[Australia]], a [[China]] e o [[Brasil]]. Destacada entre as potencias europeas desde o punto de vista económico e diplomático, mais o país non chegaba a un millón e medio de habitantes. Durante o seu reinado Portugal adquiriu novas colonias en Asia - Chalé, [[Diu]], [[Mumbai]], [[Baçaim]] e [[Macau]].
 
Antonio Mota, Francisco Zeimoto e Antonio Peixoto chegaron ao [[Xapón]] sendo os primeiros europeos a visitar este arquipélago. Comezou a colonización do Brasil. Ao mesmo tempo deuse o abandono de algunhas cidades fortificadas en [[Marrocos]], como [[Safim]], [[Azamor]], [[Arzila]], [[Aguz]] e [[Alcácer-Ceguer]], debido ao custo da súa defensa contra os ataques dos xerife [[musulmán]]s. Coa [[Inglaterra]] intensificou as relacións comerciais, o mesmo acontecendo cos países do Báltico e [[Flandres]].