Diferenzas entre revisións de «Helene Mayer»

m
Reemplazos con Replacer: «a Estados Unidos»
m (Reemplazos con Replacer: «a Estados Unidos»)
 
Regresou a Alemaña, onde estreitou a man de Hitler xunto có resto dos atletas olímpicos alemáns. Na competición atopouse de fronte á súa vella rival [[Ellen Preis]] e a unha nova rapaza húngara e xudía, [[Ilona Schacherer-Elek]], as tres mellores do momento. Helene gañou todos os combates coas outras tiradoras, perdeu dous de tres con Elek e empatou con Preis. Tras contabilizar os tocados resultou que a húngara quedaba como primeira por un só tocado, Helene segunda e Preis terceira. Na entrega de medallas no estadio central, nunha foto que daría a volta ó mundo, aparece o podio con Helene saudando có brazo en alto segundo o estilo dos nazis ([[Hitlergruß]]).
 
Seis meses despois das Olimpíadas regresa aaos Estados Unidos, aínda que competiría unha vez mais por Alemaña en [[1937]] nos Campionatos do Mundo, compartindo o podio de novo con Elek e Preis, aínda que nesta ocasión foi ela quen gañou o ouro. Estableceuse en [[California]], obtivo a cidadanía americana e seguiu participando nos Campionatos Nacionais americanos. Mesmo pensou na posibilidade de participar nos Xogos de 1948, idea que rexeitou finalmente.
 
=== Regreso a Alemaña e morte ===