Diferenzas entre revisións de «Escrituras paleohispánicas»

sen resumo de edición
m (Cambiando Image -> Imaxe)
[[Imaxe:Mapa_escriptures_paleohispàniques-cast.jpg|thumb|Escrituras paleohispánicas]] As '''escrituras paleohispánicas''' son os sistemas de escritura que foron creados na [[penínsulaPenínsula ibéricaIbérica]] antes de que o [[alfabeto latino]] se convertese no sistema de escritura dominante. Estas escrituras usáronse con certeza desde como mínimo o [[século –V]], quizais a partir do s. [[século -VII|-VII]] segundo algunhas hipóteses, ata finais do [[século -I]] ou principios do [[século I]] e foron o principal vehículo de expresión das [[linguas paleohispánicas]]. Agás o [[alfabeto greco-ibérico]], que é unha adaptación do [[alfabeto grego]] xónico, o resto de escrituras paleohispánicas comparten unha característica tipolóxica distintiva: presentan signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais. A partir do punto de vista da clasificación dos sistemas de escritura, non é nin un [[alfabeto]] nin un [[silabario]], senón unha [[escritura mixta]] que se identifica normalmente como [[semisilabario]].
 
As escrituras paleohispánicas pódense agrupar en dous grandes grupos, meridional e nororiental, posto que, aínda que ambos grupos utilizan un repertorio de signos similar, se diferencian claramente polos valores que os signos representan. Sobre a súa orixe non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe está directa e unicamente vinculado ao [[alfabeto fenicio]], mentres que para outros na súa creación tamén influiría o [[alfabeto grego]].
52.804

edicións