Seleuco I Nicátor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engade 1 libro para verificar (20211212)) #IABot (v2.0.8.4) (GreenC bot
Liña 9:
 
=== Reinado ===
Seleuco soubo manter unhas boas relacións políticas e comerciais coa India. Enviou a dito país o seu secretario [[Megástenes]], á corte do rei indio chamado [[Chandragupta Maurya|Chandragupta]] (en [[Lingua grega|grego]], Sandrácoto), fundador da gran [[Imperio Maurya]]. Os acordos consolidáronse polo matrimonio entre o rei indio e unha filla de Seleuco. Á volta da súa viaxe, Megástenes escribiu un gran relato, do que só quedaron breves extractos, e esta foi a primeira vez que os gregos tiveron unha narración sobre cuestións relacionadas con este país.<ref>John Keay (2001). India: A History. Grove Press. pp. 85–86. ISBN 978-0-8021-3797-5</ref>
[[Ficheiro:Diadochi_es.svg|miniatura|500x500px|Os reinos dos diádocos despois da [[batalla de Ipsos]], no 301 a. C.]]
Ao longo do seu reinado, Seleuco fundou varias cidades importantes. Na beira occidental do [[río Tigris]] (que nace na actual Turquía e desemboca no [[golfo Pérsico]]), ao noroeste de [[Babilonia]], construíu [[Seleucia do Tigris]], que foi ademais a capital. Seleucia foi o centro do comercio. Así mesmo fundou [[Seleucia Pieria]], [[Seleucia Traquea]] e [[Antioquía]] (na actual Turquía).