Henry Hudson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1:
[[ImageImaxe:HenryHudson.jpg|200px|thumb|right|Non existe ningún retrato coñecido de Henry Hudson. Desde antigo veuse utilizando este en moita publicacións, pertencente á ''Cyclopaedia of Universal History'' de [[1885]], o cal é seguro que non corresponde ao navegante.]]
'''Henry Hudson''' ([[1565]] - [[1611]]), navegante [[Inglaterra|inglés]], famoso por realizar catro importantes viaxes de exploración. Un [[Río Hudson|río]] e unha [[Baía de Hudson|baía]] de [[América do Norte]] levan o seu nome na súa honra. Da súa vida coñécense moi poucos datos antes de [[1607]], ano en que fixo a súa primeira viaxe para a ''English Muscovy Company''. Ao mando dunha soa embarcación, a ''Hopewell'', Hudson alcanzou as costas de [[Groenlandia]] e [[Svalbard]], e descubriu a illa de Jan Mayen, cando buscaba o paso do Nordés cara a [[Asia]] a través do [[océano Ártico]]. Durante o ano seguinte, viaxou co mesmo barco e para a mesma compañía, e novamente sen éxito busco o paso á [[India]], esta vez navegando a través das illas de Nova Zembla, polo [[mar de Barents]]. Ao seu regreso, a Muscovy Company retiroulle o seu apoio, polo que tivo que buscar na [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] axuda económica e un novo barco para continuar o seu labor.