Friedrich Bessel: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
m (Reemplazos con Replacer: «e falecido» + mejoras cosméticas)
Sen resumo de edición
Buscando mellorar a precisión dos seus instrumentos substituíu o vello tránsito meridiano (construído por Dollond) e o [[círculo de Cary]] por un novo círculo meridiano construído por Reichenbach-Ertel; en [[1841]] instalou un [[círculo de Repsold]]. Nestas datas o seu ''Tabulae Regiomontanae'' (''Táboas de Königsberg'') estaban en uso xa en case todos os observatorios do mundo, pola súa extensión e exactitude.
 
Coñecendo a elevada precisión dos seus instrumentos tentou determinar a [[paralaxe]] das [[estrela (astronomía)|estrelas]] máis próximas, traballando cun [[heliómetro]] construído por [[Joseph von Fraunhofer]]: elixiu para iso a denominada [[61 Cygni]] que, en base ao seu movemento propio (5,2" ao ano), debería ser unha das máis próximas ao noso planeta; ao cabo de 18 meses de observacións (finais de [[1838]]) comprobou que a paralaxe era igual a 0,314" ± 0,020": a estrela distaba máis de 657.000 veces a distancia [[Terra]]-[[Sol]]. Só máis tarde mediríanse as paralaxes de [[Vega (estrela)|Vega]] e [[Alpha Centauri]], resultando esta última a máis próxima á [[Terra]]: 0,77" e 4,3 anos luz de distancia.
 
En [[1844]], analizando as posicións micrométricas de dúas estrelas fundamentais do catálogo do astrónomo inglés [[Nevil Maskelyne]] ([[Alfa Canis Majoris|Sirio]] e [[Proción]]), comprobou que o seu movemento aparente polo ceo era errático, coma se estivesen afectados por outro ''corpo'' moi próximo pero invisible. Utilizando as súas propias observacións deduciu a órbita do compañeiro de Sirio, a [[estrela anana branca]] Sirio B (tamén coñecida como o Cachorro) que non sería descuberta ata o ano [[1862]] por [[Alvan Graham Clark]]. A compañeira de Proción sería descuberta en [[1895]].
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Bessel, Friedrich}}
[[Categoría:Personalidades da astronomía]]
[[Categoría:Finados por cancro]]
41.120

edicións