Tupolev Tu-134: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «linaxe»
Liña 26:
O primeiro prototipo do Tu-124A, SSSR-45075, voou por vez primeira o [[29 de xullo]] de [[1963]].<ref>{{Cita web|título=Tupolev Tu-134 - Aeroflot Archives|url=https://aeroflotarchives.com/tupolev-tu-134.html|páxina-web=aeroflotarchives.com|data-acceso=2020-12-27}}</ref> O 22 de outubro dese ano o prototipo do [[BAC One-Eleven]] británico, que tiña un esquema semellante, esnafrouse mentres probaba as súas propiedades de perda. Cun gran ángulo de cabeceo o plano de cola quedou atrapado na estela turbulenta poducida polas ás que evitou que se recuperase da entrada en perda (o fenómeno pasou a ser coñecido como perda profunda). Como resultado aumentouse o plano de cola do Tu-124A nun 30% para conseguir unha mellor autoridade de control. Como os requerimentos de Aeroflot pedían un avión máis grande do inicialmente planeado, a oficina de deseño Soloviev desenvolveu un motor [[turboventilador]] de baixo índice de derivación D-30 máis potente. O 20 de novembro de 1963 o novo avión foi designado Tu-134.
 
Curiosidades do deseño do Tu-134 incluían unha forte frecha das ás de 35 graos, compados cos 25-28 nos seus homólogos. Os motores nos primeiros Tu-134 de produción carecían de reversas, sendo un dos poucos avións de pasaxeiros en usar un paracaídas de freado para as aterraxes. A meirande parte dos compoñentes electrónicos do aparello funcionaban con corrente continua. A linaxeliñaxe dos primeiros avións de pasaxeiros soviéticos remóntase directamente ao bombardeiro estratéxico [[Tupolev Tu-16]], e o Tu-134 tiña o morro acristalado para o navegante e o tren de aterraxe equipado con pneumáticos de baixa presión parapoder operar en pistas non pavimentadas.
 
A produción en serie comezou en 1966 en [[Khárkiv]], e a fabricación do Tu-124 rematou. O Tu-134 deseñouse para rutas de curto alcance con pouco tráfico de pasaxeiros. Orixinalmente o avión tiña 56 asentos en configuración de clase única, ou 50 en dúas clases.