Diferenzas entre revisións de «Focas, emperador»

m
Cambiando Image -> Imaxe
m (Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:))
m (Cambiando Image -> Imaxe)
[[ImageImaxe:Phocas.jpg|thumb|right|Retrato de Focas nunha moeda contemporánea]]
'''Caesar Flavius Phocas Augustus''', [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] entre [[602]] e [[610]], é quizais unha das figuras máis sinistras que leven o título imperial en toda a historia de [[Imperio Bizantino|Bizancio]]. Arrebatou o trono ao emperador [[Mauricio, Emperador|Mauricio]], e foi á súa vez destronado por [[Heraclio]].
 
O reinado de Focas foi ao principio ben recibido porque baixou os impostos, que subiran durante o mandato de Mauricio. Pero tivo que facer fronte a unha forte oposición, pois era visto por moitos como un usurpador, xa que a súa subida ao poder fora o primeiro cambio violento de réxime desde a fundación de Constantinopla por [[Constantino I o Grande|Constantino]]. Segundo as fontes, reprimiu a oposición con crueldade, asasinando a milleiros de persoas co fin de se manter no poder. É posíbel que o número das súas vítimas sexa esaxerado, xa que a maior parte dos relatos sobre o seu reinado foron escritos durante o goberno dos seus sucesores, interesados en ennegrecer a reputación de Focas.
 
[[ImageImaxe:RomaForoRomanoColonnaFoca2.JPG|thumb|[[Columna de Focas]], o último monumento erixido no Foro de Roma.]]
No seu honor levantouse o último monumento erixido no [[Foro|Foro de Roma]]. Focas, que sempre tivo boas relacións co Papado, cedeu ao [[Bonifacio IV|Papa Bonifacio IV]] o [[Panteón]] para o seu uso como igrexa. En agradecemento, o Papa ordenou levantar no Foro a [[Columna de Focas]], que leva na base unha inscrición en honor do emperador. Esta columna mantense aínda en pé.
 
67.216

edicións