Benito Mussolini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeiros anos: arranxiño
Sen resumo de edición
Liña 23:
 
Aos oito anos foi expulsado da igrexa da súa nai, e algúns anos máis tarde tamén foi expulsado da escola, logo de apuñalar a un compañeiro na man e lanzar un frasco de tinta a un mestre. Porén, recibiu boas cualificacións e graduouse como mestre de escola en [[1901]].
[[Ficheiro:Mussolini e Petacci a Piazzale Loreto, 1945.jpg|miniatura|De esquerda a dereita, pódense ver os corpos sen vida do ex político comunista Nicola Bombacci, do Duce Benito Mussolini, da súa fiel amante Clara Petacci, do ministro Alessandro Pavolini e do recoñecido político fascista Achille Starace, sendo expostos na Praza Loreto do cidade de Milán en 1945.]]
 
En [[1902]] emigrou a [[Suíza]] para escapar do [[servizo militar]]. Durante a súa estancia, ó non poder atopar un traballo permanente, foi arrestado por vagancia e pasou unha noite en prisión. Máis adiante, logo de involucrarse no movemento socialista, foi deportado a Italia, onde foi obrigado a facer o servizo militar. Volveu a Suíza inmediatamente e alí foi repetidamente expulsado dun [[Cantóns de Suíza|cantón]] a outro polo seu activismo [[Socialismo|socialista]]. En Suíza trabara contacto con destacados revolucionarios e foi formando a súa cultura política baixo a influencia -ás veces contraditoria, de [[Karl Marx]], [[Pierre Joseph Proudhon]], [[Friedrich Nietzsche]] e [[Vilfredo Pareto]].