David Fernández Diéguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
== Traxectoria ==
 
Estudou Arquitectura e Ciencias Exactas en [[Madrid]]. Exerceu como profesor de Aritmética, Xeometría Práctica e Elementos de Construción na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña, e despois como catedrático de Matemáticas do Instituto Nacional de Ensino Medio. Ingresou na [[Real Academia Galega]], a proposta de [[Manuel Murguía]], [[Florencio Vaamonde]] e [[Jaime Ozores de Prado]], o [[28 de marzo]] de [[1925]],<ref>{{cita web|url=https://academia.gal/membro/-/membro/david-fernandez-dieguez|`páxina=Real Academia Galega}}</ref> da que foi secretario (1926-1936), e presidente nos tres últimos meses da súa vida.
 
Dirixiu a revista ''[[Galicia Nueva (A Coruña)|Galicia Nueva]]'', órgano da Xuventude Católica coruñesa, foi membro da Asociación Católica Nacional de Propagandistas e secretario do centro de propagandistas da Coruña, membro da [[Unión Patriótica]], presidente provincial da Unión Monárquica Nacional e membro dos Caballeros de La Coruña en 1936, corpo parapolicial que axudou nas tarefas de represión e control da orde na cidade logo do [[Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]].