Aureliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «guarnición»
Desfíxose a edición 6071497 de Breogan2008 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 33:
Aureliano deixa 600 romanos para a vixilancia de Palmira e vaise cara a [[Exipto]]. Aló, o rico comerciante Firmo, capitaneaba unha revolta para facer independente a cidade de [[Alexandría]]. O exército toma Exipto sen loita, e Firmo suicídase, despois dunha forte resistencia, que rematou co Museo de Alexandría, inda que non coa súa biblioteca. Alexandría é castigada, derrúbase a súa muralla e grávase con novos impostos de gran. Aureliano acuartela dúas lexións permanentes en Exipto.
 
Mentres tanto en Palmira, Antioco, parente de Zenobia, proclámase rei coa axuda dos persas. Tódolos romanos da gorniciónguarnición son asasinados. Aureliano volta a Palmira, pero esta vez non perdoa a cidade, que queda arrasada e nunca máis recuperou o seu antigo esplendor. Deixa a cabalaría gala para coidar da zona, mentres Antíoco logrou fuxir cara a Persia.
 
Agora, coa situación en Oriente xa dominada, só quedaba o imperio galo, co seu emperador Tetrico I en moitas dificultades co seu exército e sublevacións internas. No [[273]], Aureliano preséntase en [[Lión]], e a batalla ten lugar nos campos Cataláunicos, onde [[Tetrico I]] foi vencido, e pasouse ó bando romano, xa canso da súa situación persoal e maila do seu fillo. Entrégase no [[274]] en [[Treveris]] e tódalas provincias occidentais pasan de novo ás mans dos romanos, excepto a [[Britania]] que pasaría pouco despois.