Tupolev Tu-134: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
En 1968 Tupolev comezou a traballar nunha variante mellorada do Tu-134 con 72 asentos. A fuselaxe era 2,1 metros máis longa para aumentar a capacidade de pasaxeiros e para instalar unha unidade de potencia auxiliar na cola. Como resultado reducíuse o alcance máximo de 3 100 quilómetros a 2 770. Os actualizados motores D-30 incluían agora reversas, eliminándose así o paracaídas de freado. O primeiro Tu-134A, convertido dun Tu-134 de produción, voou o 22 de abril de 1969, e o seu primeiro servizo foi o 9 de novembro de 1970. A versión actualizada Tu-134B comezou a fabricarse en 1980, sen a posición do navegante e con capacidade para 96 pasaxeiros. Posteriormente comezou a desenvolverse un Tu-134D con máis empuxe, pero o proxecto foi cancelado.
 
== Historial operacional ==
En setembro de 1967 o Tu-134 realizou o seu primeiro voo regular dende [[Moscova]] a [[Adler]]. O Tu-134 foi o primeiro avión de pasaxeiros soviético en recibir a certificación internacional por parte da [[Asociación de Transporte Aéreo Internacional]], que lle permitía ser operado en rutas internacionais. Debido á súa certificación [[Aeroflot]] usou a meirande parte dos seus Tu-134 en rutas internacionais. En 1968 os primeiros clientes de exportación, [[Interflug]], [[LOT Polish Airlines]] e [[Malév|Malév Hungarian Airlines]] mercaron o Tu-134. En 1969 o Tu-134 foi exposto no [[Paris Air Show]].
 
== Notas ==