Substratos do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «íberas»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «en Lombardía»
Liña 80:
 
===Primeira vaga===
Contra o ano [[-800|800 a. C.]], un pobo ou varios con forte compoñente indoeuropeo (por orixe ou contaminación) atravesaba Europa dende a zona entre o [[río Loira, Francia|Loira]], [[Apulia]], [[Romanía]] e [[Polonia]]: son os precélticos, paracélticos, protoceltas, sorotápticos ou ''Urnenfelder'' (enterradores de olas en [[lingua grega|grego]] e [[lingua alemá|alemán]]). A influencia deste vaga ata Fisterra demóstrase con léxico que conserva trazos indoeuropeos coma a conservación do ''p-'' inicial (''pala, páramo''), tanto por chegada directa como por transmisión de préstamos. Ademais destes casos, tamén se pode falar de ''cabana'' e ''cabazo'', e con certa probabilidade dos topónimos sufixados con ''-ask-'' e ''-usk-'' (Ledusco na [[A Coruña|Coruña]], [[Tarascón, Canedo, Ourense|Tarascón]] ([[Ourense]]), Beasque ([[Ponteareas]]) ou [[Viascón, Cerdedo-Cotobade|Viascón]] ([[Cerdedo-Cotobade]]), así coma os apelativos étnicos ós ambróns ([[Ambroa, Andoio, Tordoia|Ambroa]] ([[Tordoia]]), [[Ambröes]] ([[Porto, Portugal|Porto]]), Ambrona na [[provincia de Soria]], Hambrón na [[provincia de Salamanca]], Ambruno enna [[Lombardía]], Ambron na [[Toscana]] ou Ambronay no [[Ain]] francés.
 
==Véxase tamén==