Irmandiños: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosel (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 1:
 
No [[século XIV]] entra en Galicia unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdida despois das loitas de [[Pedro I (o cruel)]] e [[Enrique II]].
 
Liña 18 ⟶ 17:
 
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais igrexas e mosteiros. Os irmandiños destruíron arredor de 130 castelos e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña. As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños. Os irmandiños, por contra, non atacaron aos eclesiásticos. Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara [[Portugal]] ou [[Castela]]. En [[1469]], [[Pedro Madruga]] inicia dende Portugal o contraataque feudal, contando co apoio doutros nobres e das forzas do arcebispo de Santiago de Compostela. As tropas feudais contando cunha mellor tecnoloxía de guerra (sábese que as tropas de Pedro Madruga empregaron modernos arcabuces) venceron aos irmandiños, prenderon e mataron os seus líderes. A vitoria das tropas de Pedro Madruga produciuse por contar co apoio dos monarcas de Castela e Portugal e polas divisións das forzas irmandiñas. Mais axiña a nobreza vitoriosa viuse envolta de novo en liortas dinásticas que prepararon o seu definitivo desarraigo do territorio galego.
 
 
[[Category:Historia de Galicia]]