Diferenzas entre revisións de «Synthpop»

m
Reemplazos con Replacer: «gran éxito»
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Reemplazos con Replacer: «gran éxito»)
 
O primeiros pioneiros do synthpop son o grupo xaponés [[Yellow Magic Orchestra]] e as bandas británicas [[Ultravox]] e [[The Human League]]; esta última usaba varios sintetizadores monofónicos pra producir música cun son sinxelo e austero. Tras a ruptura de [[Tubeway Army]] e [[Gary Numan]] na lista de sinxelos británica, un gran número de artistas comearon a colleitar éxitos cun son baseado en sintetizadores a principios dos anos 80, como [[Soft Cell]], [[Orchestral Manoeuvres in the Dark]], [[Japan (grupo musical)|Japan]] e [[Depeche Mode]] no [[Reino Unido]], mentres que en [[Xapón]] o éxito de [[Yellow Magic Orchestra]] abriu o camiño a bandas de synthpop como [[P-Model]], [[Plastics]] e [[Hikashu]]. O desenvolvemento dos sintetizadores polifónicos económicos, a definición do [[MIDI]] e o uso de ritmos dance, levaron a un son máis comercial e accesible para o synthpop. Este feito e a súa adopción por artistas do movemento [[New Romantic]], xunto coa aparición da [[MTV]], fixo que moitos grupos británicos de synthpop, como [[Duran Duran]] e [[Spandau Ballet]], tivesen éxito nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
A finais dos anos 80, dúos como [[Erasure]] e [[Pet Shop Boys]] adoptaron un son que foi un grangrande éxito nas listas de baile estadounidenses, pero cara finais da década o synthpop en gran parte fora abandonado. O interese comezou a revivir cos movementos [[indietronica]] e [[electroclash]] de finais dos anos 90 e, na primeira década do [[século XXI]], gozou dun rexurdimento xeneralizado con éxito comercial para artistas como [[La Roux]], [[Kesha]] e [[Owl City]].
 
O synthpop axudou a establecer o lugar do [[sintetizador]] como un elemento principal do [[pop]] e o [[música rock|rock]], influíndo directamente a posteriores xéneros como a [[música house]] e o [[Detroit techno]], e indirectamente a moitos outros xéneros e gravacións individuais.
28.655

edicións