Quintiliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «gran influencia»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «gran éxito»
Liña 7:
Naceu en ''Calagurris Nassica'', actual [[Calahorra]], preto de [[Logroño]], na provincia hispanorromana da [[Tarraconense]], foi discípulo do orador Gnaeus Domitius. Fixo os seus primeiros estudos en [[Roma]], onde o seu pai, supostamente, exercía a profesión de [[rétor]] ou avogado; alí adquire unha cultura xeral moi completa seguindo as leccións de [[Remio Palemón]] e [[Servilio Nonanio]] en literatura e de [[Domicio Afer]] en [[elocuencia]]. Regresa a Hispania no ano [[61]] cando [[Nerón]] nomea a [[Servio Sulpicio Galba, emperador|Galba]] gobernador da Tarraconense. Durante sete anos, é profesor de elocuencia e avogado.
 
Volve a Roma no ano [[68]] tras o asasinato de Nerón, cando Galba é proclamado emperador, e desenvolve unha brillante e recoñecida carreira de vinte anos como avogado e profesor de retórica na Roma de [[Vespasiano]], o cal nomeou a Quintiliano mestre oficial de retórica. [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] e [[Domiciano]]. Abriu unha escola pública de retórica que obtivo un grangrande éxito e que lle fixo gañar arredor de cen mil [[sestercio]]s ao ano. Foille encomendada a educación dos sobriños de [[Domiciano]] e os fillos da emperatriz Domitila.
 
A súa fama provén, porén, de ser o mellor profesor de [[retórica]] do mundo antigo xunto a [[Isócrates]]. Nesta materia acadou un prestixio tal que o nomearon profesor oficial da materia con retribución pública. Era amigo do científico [[Plinio o Vello]], o escritor romano [[Plinio o Mozo]] foi alumno seu e talvez mesmo o historiador [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]]. Tras consumir eses vinte anos como avogado e profesor, retirouse o ano 89 para dedicarse a escribir rodeado de honores (os ''ornamenta'', os ''consularia'' e a ''[[laticlavia]]'' <ref>[[Toga (vestimenta)|toga]] cunha banda no seu bordo de cor púrpura que só podían vestir os nobres romanos</ref>). O fin da súa vida está sinalado cunha serie de dramas familiares: o mesmo ano do seu retiro, [[89]], perdeu a súa muller, que tiña 19 anos; no [[90]], o seu fillo primoxénito, que contaba cinco; en [[95]], o segundo, con dez.