Diferenzas entre revisións de «Jean Genet»

m
Reemplazos con Replacer: «gran éxito»
m (Reemplazos con Replacer: «gran éxito»)
A obra de Genet, quen cultivou a prosa, a poesía e o teatro, evoca unha profunda rebelión contra a sociedade e as súas convencións. A súa prosa caracterízase por unha gran cantidade de imaxes e polo emprego da linguaxe propia das capas máis desfavorecidas da sociedade. A súa primeira novela, ''Notre-Dame des Fleurs'' ([[1944]]), constitúe un traballo autobiográfico sobre a homosexualidade e a vida dos baixos fondos.
 
En [[1947]] Genet escribiu teatro, un xénero no que constrúe as súas obras máis sorprendentes. Coa obra ''Les Bonnes'' (1947), que gozou dun grangrande éxito, marcou a súa entrada no movemento denominado como [[teatro do absurdo]]. Na obra, as criadas vanse trocando para interpretar o papel sa súa dona, procurando as súas identidades nun contexto que flutúa entre a realidade e a fantasía. Noutras das súas obras, como ''Haute surveillance'' ([[1949]]), ''Le Balcon'' ([[1957]]), ''Les Nègres'' ([[1959]]) e ''Les Paravents'' ([[1961]]), Genet utilizou frecuentemente o cambio de papeis e a inversión entre o ben e o mal como técnicas para subliñar a falsidade entre os valores sociais e políticos.
 
A obra de Jean Genet expresa unha profunda simpatía cara aos desherdados e os marxinados sociais, expostos sempre aos perigos que a vida na rúa trae consigo, tales como os delitos ou a morte. Aínda que os seus escritos foron considerados pornográficos, Genet foi pronto definido como un [[existencialismo|existencialista]] preocupado polos problemas da identidade e da alienación, chegando a ser recoñecido como un dos escritores máis importantes do século XX.
40.040

edicións