Adak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «guarnición»
Liña 43:
Os primeiros habitantes da illa Adak foron os [[pobo aleutiano|pobos aleutianos]] ou unangas desde a antigüidade. Exploradores [[Rusia|rusos]] visitaron a illa no século XVIII, pero non estableceron asentamentos permanentes. A comenzo do [[século XIX]] quedou deshabitada, aínda que ocasionalmente visitaran a illa para cazar e pescar
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], o exército imperial xaponés tomou o control de dúas das illas Aleutianas máis occidentais, [[Illa Attu]] e [[Illa Kiska|Kiska]]. Os xaponeses tamén atacaron a base estadounidense de [[Dutch Harbor]] por aire. A campaña xaponesa coincidiu coa máis coñecida [[Batalla de Midway]]. En resposta, as forzas armadas dos Estados Unidos comezaron unha campaña para expulsar aos invasores. Dado que a presenza militar estadounidense máis próxima estaba en [[Cold Bay, Alasca]], os Estados Unidos comezaron a construír bases nas illas Aleutianas occidentais para lanzar operacións contra os xaponeses. A illa Adak elixiuse como base dun campo de aviación, e as operacións de voo comezaron en setembro de 1942. O 11 de maio de 1943, catro días logo da data inicial da invasión que foi atrasada polo mal tempo, os soldados americanos desembarcaron na Illa Attu e derrotaron á guarnicióngornición xaponesa alí , morreron 2.300 xaponeses e 550 estadounidenses. Esperando unha batalla similar na illa Kiska, os soldados dos EEUU que desembarcaron alí o 15 de agosto de 1943, atoparon que os ocupantes foran evacuados sigilosamente polas forzas navais xaponesas a finais de maio de 1943.<ref>[http://www.combinedfleet.com/Kiska.htm Combinedefleet.com]</ref> Aínda así, máis de 313 soldados estadounidenses morreron por mor do lume amigo, minas e outros dispositivos antipersoas durante as operacións dos Estados Unidos na reconquista de Kiska. En 1953, os restos de 236 mortos xaponeses que enterráranse no cemiterio de Adak enterráronse novamente no cemiterio nacional de Chidorigafuchi no Xapón.
 
Despois de terminar a guerra, os aproximadamente 6.000 militares americanos que serviron en Adak durante a Segunda Guerra Mundial lambraban o clima frío, brumoso e ventoso de Adak; barro, [[Quonset hut|barracóns prefabricados]], poucas mulleres, falta de árbores e un volcán que de cando en vez emitía fumes. A comida fresca era unha rareza.