Nicolas Geneviève Huet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «, e falecido»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ambolos»
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Nicolas Huet foi o fillo máis vello e o alunoalumno de [[Jean-Baptiste Huet]], e neto de [[Nicolas Huet o Vello]], que foron ambolosámbolos dous pintores e grabadores en cobre. Nicolás naceu preto do [[Louvre]], onde seu pai tiña un obradoiro. En 1792 el e seus dous irmáns François (1772–1813) e Jean-Baptiste Huet II (1772–1852) alistáronse no exército de [[Seine-et-Oise]]. Nicolas chegou a tenente e participou na [[batalla de Jemappes]]. Entre 1798 e 1801 participou nas esploracións científicas e artísticas de [[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]] en Exipto e ilustrou os informes do goberno. Era un acuarelista e gravador destro que axiña gañou fama como debuxante da natureza. En outubro de 1804, desois da morte do debuxante [[Pierre Oudinot]], obtivo o posto de pintor no [[Muséum national d’histoire naturelle]] e da coleción de animais da emperatrix [[Xosefina de Beauharnais|Xosefina,]] onde pintou unha serie de retratos de réptiles, aves e plantas. Ilustrou tamén traballos dos naturalistas [[Étienne Geoffroy Saint-Hilaire]] e [[Georges Cuvier]].
 
Pintou imaxes de plantas e froitos para a biblioteca do Muséum national d’histoire e unha serie de 246 debuxos de animais en pergameo que foi publicda en 1806. Entre 1823 e 1830 foi profesor de iconografía dos animais e espuxo debuxos e acuarelas de tema zoolóxico en varios salóns. Recibiu encargos para facer retratos de animás, a miúdo sobre pergameo, de personalidades como Federico Augusto II de Saxonia . Pintou 120 acuarelas para o duque de Orleans.