Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "05_CASIANO_DE_PRADO_Y_VALLE.jpg" que foi borrado en Commons por Ruthven. Motivo: Missing essential information such as license, [[:c:COM:PER
Liña 48:
 
Nos anos seguintes, o Tribunal azoutou e desterrou varias persoas acusadas de prácticas xudaizantes e, no [[30 de novembro]] de [[1579]], sentenciou queimar unha muller, María Rodrigues, no que hoxe é a [[praza de Cervantes]] baixo, mais unha vez, a acusación fabricada de bruxería. Tamén entre 1619 e 1628 numerosas mulleres do [[Comarca do Morrazo|Morrazo]] foron torturadas e xulgadas polo Tribunal baixo este tipo de cargos. Os chamados "familiares da Inquisición", integrados por membros empobrecidos da baixa nobreza, arrebataban con estes perseguimentos os codizados dereitos de presentación que estas mulleres tiñan en capelas e [[Freguesía|freguesías]]. Para disimular o seu propósito real, mesturaban algunhas que os posuían con outras que non os tiñan, escollidas entre mulleres desamparadas ou viúvas. Este foi o caso de [[María Soliño]], figura lendaria que terminou inmortalizada en varias cantigas populares.<ref>{{Cita audiovisual|título=María Soliña, poema de Celso Emilio interpretado por Amancio Prada|autor=Amancio Prada|url=https://celsoemilioferreiro.org/2016/09/maria-solina-poema-de-celso-emilio-interpretado-por-amancio-prada/|data=18 de setembro de 2016|lingua=Galego|ano=1974|editorial=Disques Alvarés}}</ref> María Soliño, posuidora de dereitos de presentación na [[Colexiata de Cangas]] e na Igrexa de [[San Cibrán, Aldán, Cangas|San Cibrán de Aldán]], entrou nos [[Alxube|alxubes]] da Inquisición en 1621 e sufriu terríbeis torturas. O 23 de xaneiro de 1622, após a súa confesión, foi condenada cunha confiscación de bens, debendo levar un sambenito durante medio ano e ficando na máis absoluta penuria con 70 anos. Moitas outras mulleres foron tamén xulgadas naquela altura, como foi o caso de Catalina da Iglesia, Elvira Martínez, Teresa Pérez ou María dos Santos.
[[Ficheiro:05 CASIANO DE PRADO Y VALLE.jpg|miniatura|Casiano de Prado y Vallo (1797-1866). Galería de retratos do Instituto Tecnolóxico Xeomineiro de España en Madrid.]]
 
A inquisición española en Galiza seguiu a operar até a súa primeira abolición durante o reinado de [[Xosé I de España|Xosé I]] entre 1808 e 1812 e posteriormente polas [[Cortes de Cádiz]], só para ser restaurada de novo por [[Fernando VII]] en 1814, para ser definitivamente abolida en 1834 durante o segundo Trienio Liberal. Porén, a institución sobreviviu substituída nalgunhas dioceses polas coñecidas Xuntas da Fe ou diocesanas e que non foron legalmente abolidas até o primeiro de xullo de 1835. Unha das últimas vítimas galegas foi o enxeñeiro de minas e xeólogo [[Casiano de Prado|Casiano de Prado y Vallo]], nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797. En 1817, foi detido polo tribunal compostelán seguindo as ordes de [[Juan José Caamaño Pardo]], conde de Maceda, alguacil maior da Inquisición e fanático absolutista <ref>{{Cita web|url=http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/51148|páxina-web=galiciaartabradigital.com|título=Juan José Caamaño Pardo.Conde de Maceda y Grande de España. «Regidor perpetuo» de Ferrol|data-acceso=8 de abril de 2022|apelidos=Redacción|data-publicación=24 de abril de 2013|lingua=es}}</ref>. De Prado foi acusado de facer "proposicións", é dicir, de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler libros pertencentes ao [[Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum|''Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum'']]. Pasou 400 días incomunicado nas celas inquisitoriais, experiencia que relatou nun artigo anónimo titulado "Visita dun [[alxube]] da inquisición de Santiago por un que o tiña habitado pouco tempo antes"<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=de Prado y Vallo|nome=Casiano|data=30 de Setembro de 1820|título=Visita de un calabozo de la inquisición de Santiago por uno que lo habia habitado poco antes|revista=El Conservador, nº 188|número=|lugar=Madrid}}</ref> publicado durante o Trienio Liberal despois de ter visitado de novo a cela número 5 onde ficou preso: <blockquote>''"Aquí estiven á mercé dos máis afanados e crueis axentes da tiranía e do erro; aquí vinme reducido á máis triste soidade, separado da miña familia, dos meus amigos, privado dos meus libros e de todo o que puidese facer a miña situación máis levadeira. (…) Como sabían estes malvados aumentar as penas dos desgraciados que aquí tiñan! Non lles chegaba con terme sen comunicación, (…) negáronseme tamén os meus libros; e se pedía algunha graza, chamábanme de criminal. Bárbaros! Se callar pensabades que sen estes depósitos de verdade chegaría eu a desdeñala, a mirala con neglixencia, a esquecela. Non! Que o meu peito ardía coma sempre no seu amor; algunhas das súas máximas estaban xa fixadas na miña alma para nunca xamais borrarse e o meu maior prazer era lembralas na memoria (…). E cantas veces tamén recitaba en alta voz as odas á invención da imprenta e a [[Juan de Padilla]], e outras composicións filosóficas e patrióticas (…)".'' </blockquote>A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: o [[Pazo de Monterrei]], preto da praza de San Miguel dos Agros, e a [[Casa Grande de Calo]], fronte a Porta da Mámoa no que hoxe é coñecido como Praza de Galicia e antiga Praza da Inquisición.<ref>Pita Galán, Paula. (2012). ''Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa.'' Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191</ref> Este último edificio foi derrubado en 1913 para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado finalmente o 23 de agosto de 1930.