Sebastián González García-Paz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Puerto Rico»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «estudios»
Liña 8:
Fillo de [[Bernardino González Paz]]. Estudou o bacharelato no [[IES Sánchez Cantón|Instituto de Pontevedra]] e Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Fixo o doutoramento en Filosofía e Letras en Madrid (1930), coa tese ''El colegio de San Clemente de Pasantes de Compostela''. Regresou a Compostela e obtivo a praza de auxiliar da Sección de Arte e tivo ao seu cargo as cátedras de Arqueoloxía e Historia da Arte. En 1931 conseguiu unha bolsa para ampliar os estudos de prehistoria e estivo en Francia e Alemaña. Colaborou co [[Seminario de Estudos Galegos]], do que foi membro do Consello Director e para o que logrou uns locais no edificio de Fonseca, onde se instalaron a biblioteca e o museo de etnografía. Participou xunto a [[Florentino López Cuevillas]] no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de [[Castro de Montealegre|Montealegre (Domaio)]], [[Castro de Santa Trega|Santa Trega]], [[Castro de Altamira, Taboexa|Taboexa]] e [[Castro de San Cibrao de Las|San Cibrao de Las]]. Formou parte das [[Irmandades da Fala]] e asistiu á asemblea que se organizou na Coruña; máis tarde ingresou no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Foi membro correspondente da [[Real Academia Galega]].<ref>{{Cita web |url=http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=listNoAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=G |título=Membros da Academia |data-acceso=26 de xaneiro de 2015 |data-arquivo=18 de marzo de 2015 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20150318233545/http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=listNoAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=G |url-morta=yes }}</ref>
 
Trala [[Guerra Civil española|Guerra Civil]], e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, exiliouse en [[Porto Rico]], onde foi decano da [[Universidade de Porto Rico]], posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de EstudiosEstudos de Porto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Polo seu traballo, o claustro nomeouno decano de estudos, reitor interino e senador vitalicio. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Santiago de Compostela e o pago de cinco mil pesetas.<ref>''BOE'', 2-3-1940, p. 1111.</ref>
 
== Obras ==