Transbordador espacial Atlantis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «estructurais»
 
Liña 5:
O Atlantis recibiu o seu nome polo principal buque de investigación que tivo o [[Instituto Oceanográfico Woods Hole]] de [[Massachusetts]] entre 1930 e 1966. Foi o cuarto transbordador operativo (entrou en servizo o 3 de outubro de 1985 na misión [[STS-51-J]]) e o último da produción orixinal. Voou por última vez 8 de xullo de 2011, na misión [[STS-135]]. Cunha masa baleiro de 68.600 kg e de 77.550 kg cos motores instalados, a construción do Atlantis beneficiouse da experiencia adquirida na montaxe dos transbordadores [[Transbordador espacial Columbia|Columbia]] e [[Transbordador espacial Challenger|Challenger]]. Pesaba 3162 kg menos que o Columbia e foi montado na metade de tempo que este.
 
En outubro de 1992 o Atlantis foi levado a [[Palmdale]], [[California]], para facerlle unha serie de melloras e modificacións, como un [[paracaídas]] de freado, novos canos para misións de duración estendida, máis de 800 novas losetas e mantas térmicas, novo illamento para as comportas do tren de aterraxe e modificacións estructuraisestruturais no chasis. Unha revisión similar tivo lugar entre novembro de 1997 e setembro de 1998 como preparación para as misións cara a [[Estación Espacial Internacional]]. Entre os cambios estaba a instalación do sistema de acoplamento e a substitución dos indicadores do panel de control por outros dixitais e modernizados.
 
A nave era capaz de levar a sete tripulantes a bordo e pasar ata 30 días no espazo despois das últimas melloras.