Orlando Magic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Ourol (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «do todo»
Liña 78:
O [[23 de maio]] os proxectos dos Magic foron interrompidos pola dimisión do "general manager" Weisbrod. Ao día seguinte, a franquía anunciou o regreso de Brian Hill, adestrador da fabulosa era de Shaq e Hardaway. O mes seguinte, os Magic seleccionaron no draft ao [[Galicia|galego]] [[Fran Vázquez]] na 11ª posición, aínda que posteriormente o xogador anunciou que quedaría na [[Liga ACB]] para xogar no Akasvayu Girona. A pesar de non contar coa súa elección Fran Vázquez, os Magic partían con altas esperanzas a [[Tempada 2005-06 da NBA|tempada 2005-06]], cun Hill recuperado da súa última lesión, e con Howard e Nelson progresando de maneira excelente nas ligas de verán. Tamén a elección de segunda rolda [[Travis Diener]] deu boas sensacións no verán, mostrando o seu eficaz tiro polo que era coñecido. A pretempada pechouse coa fichaxe da base [[Keyon Dooling]] como axente libre.
 
Tras comezar a pretempada, os problemas empezaron a xurdir; o nocello de Hill non foi curado do todocompletamente, polo que tivo que operarse e regresar ás canchas a mediados de decembro. A pesar diso, volvería recaer en varias ocasións e perderíase a maior parte da campaña. Francis continuou centrado no seu xogo "primeiro eu e despois eu" e obstaculizou o desenvolvemento de [[Jameer Nelson|Nelson]] e [[Dwight Howard|Howard]]. Pero a esperanza chegou cando se anunciou o 15 de febreiro o traspaso que enviaba a [[Kelvin Cato]] e unha primeira rolda do draft de 2007 a [[Detroit Pistons]] a cambio de [[Darko Milicic]] e [[Carlos Arroyo]]. Unha semana despois, Francis foi mandado a [[New York Knicks]] por [[Anfernee Hardaway]] (que dous días máis tarde sería cortado) e [[Trevor Ariza]].
 
Liderados por Howard, Turkoglu, [[DeShawn Stevenson]] e Nelson, os Magic sorprenderon colocándose no oitavo posto da [[Conferencia Leste]], incluíndo un refacho de 8 vitorias consecutivas e 12 en casa. Nesa racha, venceron a equipos como os [[San Antonio Spurs]], [[Detroit Pistons]], [[Dallas Mavericks]], [[Miami Heat]] e [[Philadelphia 76ers]] (conseguindo neste último partido Howard uns números de 28 puntos e 26 rebotes). Porén, unha vitoria de [[Chicago Bulls]] ante Miami o [[16 de abril]] e outra sobre os Magic na prórroga o día 17 terminou coas esperanzas de Orlando de alcanzar os playoffs.