Gwenddoleu ap Ceidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Finados en 573 mediante HotCat
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Coñécese ben pouco do seu reinado, pero rematou cando, como o describen os ''[[Annales Cambriae]]'', os fillos de [[Eliffer]], [[Peredur]] e [[Gwrgi]], os dous reis de [[Ebrauc|Efrog]], o mataron na [[Batalla de Arfderydd]] en [[573]]. É posíbel que o sucedese algún dos seus irmáns. Esta foi unha das moitas batallas nas que se enfrontaron os reis britóns que gobernaban os varios estados fracturados que ocuparon a provincia romana de Britania cando os romanos se retiraron dela.
 
Malia que Gwenddoleu non desempeñou papel ningún na lenda [[rei ArturoArtur|artúrica]], o seu conselleiro [[Myrddin]] formaba parte da base das posteriores lendas sobre o mago [[Merlín]]. Cóntase que Myrddin toleou pola pena debido á morte de Gwenddoleu e que fuxiu cara ao bosque de [[Caledonia]]. A memoria de ámbolos dous, Gwenddoleu e Myrddin, foi preservada na [[literatura galesa]].
 
== Véxase tamén ==