Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
fonte do viño em Iratxe
Liña 182:
<span style="border:1px solid #000; padding:1px; font-size:100%;">&nbsp;Estella - Ayegui - Iratxe - Ázqueta - Villamayor de Monjardín - Cabana de Moriones - Los Arcos&nbsp;</span>
 
En [[Iratxe]], o Camiño pasa onda o mosteiro de Iratxe, dedicado a Nosa Señora a Real, do século XI, onde se fundou o primeiro hospital de peregrinos de Navarra cara a [[1051]]-[[1054]]. O mosteiro, que albergou universidade no século XVI, está hoxe sostido polos Padres Escolapios. Tamén se atopa aquí a ''Fonte do Viño'', na que unha adega ofrece ós peregrinos auga e, desde [[1991]], viño <ref>A bodega Irache recolle así a vella tradición dos monxes dun hospital preexistente que ofrecían un vaso de viño ós peregrinos, como reconstituínte. Desde 1991 colocáronse dous canos para que os peregrinos se servisen: un con auga e outro con viño novo de Rioxa [https://www.irache.com/es/fuente-del-vino.html].</ref>.
 
En [[Ázqueta]], na igrexa de San Pedro, destaca unha pía bautismal románica. Un veciño do lugar, coñecido como ''Pablito el de las varas'', fíxose famoso por ofrecer varas de [[abeleira]] ós peregrinos para ser usadas como bordón. En [[Villamayor de Monjardín]], unha igrexa románica e, nun capitel, a loita de Roldán con Farragut. En [[Urbiola]] houbo hospital de peregrinos dirixido polos cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén.