Mourulle, Taboada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
engado información e citas
Liña 15:
En rigor, a parroquia non conta con ningún núcleo, posto que o seu único lugar, Mourulle, foi anegado polas augas do [[encoro de Belesar]] no Nadal de 1962. Moitos veciños instaláronse no lugar de Friamonde, na parroquia de [[San Xián de Insua, Taboada|San Xián de Insua]], a escasos quilómetros.
 
Tamén a poucos quilómetros atopábase a Ponte Mourulle construída despois da guerra civil utilizando presos políticos como man de obra. Foi logo bautizada como Ponte Fortes, en homenaxe ao comerciante taboadés que máis impulso lle deu. Permitía cruzar o río na estrada entre Rubián e Palas, sendo a única ponte entre Portomarín e Chantada, e foi igualmente anegada co encoro. En 1967 construíuse a nova ponte, uns metros máis abaixo, coñecida como Ponte Mourulle ou, popularmente, Ponte dos Parafusos.<ref>Díaz-Castroverde, J.L. (2019), "Comunicacións de Taboada coa Terra de Lemos, Miño en medio, ao longo dos séculos XVI e XX", en Alicerces. Revista de estudos sobre o Miño medio, nº 5, pp. 73-108</ref>
 
Mourulle deu nome tamén, en tempos máis recentes{{cando}}, á paraxe onde se construíu o club náutico municipal en 1999.
 
== Demografía ==