Misticismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Ourol (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «na nada»
Liña 2:
 
== Tipos e características ==
No [[budismo]] a experiencia mística pódese identificar co [[nirvana]] no que o ego se disolve nano nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no [[hinduísmo]] onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o [[atman]] co [[Brahma]].
 
No [[xudaísmo]] a principal corrente mística denomínase [[Cábala]]. O fillo de [[Isaac]], [[Xacob]] cambiou o seu nome polo de [[Xacob|Israel]] (''forte con Deus'', e ''o que loita contra Deus'') tras unha experiencia mística de loita coa divindade. Aquí a experiencia non supón a dilución da personalidade senón a súa purificación e reafirmación individual e colectiva. A experiencia de [[Moisés]] coa silveira ardente tradúcese nun mandato de liberación da escravitude de [[Exipto]]. O canto [[erotismo|erótico]] do [[Cantar dos Cantares]], sen perder o seu contido de sexualidade carnal, ten unha lectura mística que completa o seu sentido onde Deus é o amado e Israel a amada. Este cántico será a referencia simbólica e literaria do misticismo cristián.