Rōnin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «de Xapón»
 
Liña 3:
[[Ficheiro:Musashi_ts_pic.jpg|miniatura|dereita|200px|O ''ronin'' é heroe nacional [[Xapón|xaponés]] '''[[Miyamoto Musashi]]''' practicando a súa técnica de dúas [[catana]]s con ''[[bokken]]s''.]]
 
Un '''rōnin''' (en [[lingua xaponesa|xaponés]] 浪人) literalmente "''home onda''" - un home errante como unha onda no mar) era un [[samurai]] sen amo durante o período [[feudalismo|feudal]] dedo [[Xapón]], entre [[1185]] e [[1868]]. Un samurai podía non ter amo debido á ruína ou a caída deste, ou porque perdía o favor deste.
 
O xeito máis sinxelo que había para que un [[samurai]] acabase sendo rōnin era a través do nacemento. O fillo ou filla dun rōnin tamén era rōnin, sempre que non renunciase ao seu status. A miúdo o rōnin por nacemento soñaba con demostrar a súa valía para poder xurar lealdade cun [[clan]], converténdose así nun verdadeiro e auténtico samurai. Aínda que isto ocorrese de cando en vez, era algo infrecuente, reservado aos máis talentosos, pois poucos [[Daimyo]]s estaban dispostos a sentar un precedente permitindo que un rōnin entrase no seu clan. Mais a miúdo os rōnin eran enviados en certas misións coa promesa da admisión, para logo negárllela baseándose nalgún tecnicismo.