Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
[[Ficheiro:05 CASIANO DE PRADO Y VALLE.jpg|miniatura|Casiano de Prado y Vallo (1797-1866)]]
 
A inquisición española en Galiza seguiu a operar até a súa primeira abolición durante o reinado de [[Xosé I de España|Xosé I]] entre 1808 e 1812 e posteriormente polas [[Cortes de Cádiz]], só para ser restaurada de novo por [[Fernando VII]] en 1814, para ser definitivamente abolida en 1834 durante o segundo Trienio Liberal. Porén, a institución sobreviviu substituída nalgunhas dioceses polas coñecidas Xuntas da Fe ou diocesanas e que non foron legalmente abolidas até o primeiro de xullo de 1835. Unha das últimas vítimas galegas foi o enxeñeiro de minas e xeólogo [[Casiano de Prado|Casiano de Prado y Vallo]], nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797. En 1817, foi detido polo tribunal compostelán seguindo as ordes de [[Juan José Caamaño Pardo]], conde de Maceda, alguacil maior da Inquisición, e fanático absolutista <ref>{{Cita web|url=http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/51148|páxina-web=galiciaartabradigital.com|título=Juan José Caamaño Pardo.Conde de Maceda y Grande de España. «Regidor perpetuo» de Ferrol|data-acceso=8 de abril de 2022|apelidos=Redacción|data-publicación=24 de abril de 2013|lingua=es}}</ref>. De Prado foi acusado de facer "proposicións", é dicir, de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler libros pertencentes ao [[Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum|''Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum'']]. Pasou 400 días incomunicado nas celas inquisitoriais, experiencia que relatou nun artigo anónimo titulado "Visita dun [[alxube]] da inquisición de Santiago por un que o tiña habitado pouco tempo antes"<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=de Prado y Vallo|nome=Casiano|data=30 de Setembro de 1820|título=Visita de un calabozo de la inquisición de Santiago por uno que lo habia habitado poco antes|revista=El Conservador, nº 188|número=|lugar=Madrid}}</ref> publicado durante o Trienio Liberal despois de ter visitado de novo a cela número 5 onde ficou preso: <blockquote>''"Aquí estiven á mercé dos máis afamados e crueis axentes da tirania e o erro; aquí vinme reducido á máis triste soidade, separado da miña familia, dos meus amigos, privado dos meus libros e de todo o que puidese facer a miña situación máis levadeira. (…) Como sabían estes malvados aumentar as penas dos desgraciados que aquí tiñan! Non lles chegaba con terme sen comunicación, (…) negáronseme tamén os meus libros; e se pedía algunha graza, chamábanme de criminal. Bárbaros! Se callar pensabades que sen estes depósitos de verdade chegaría eu a desdeñala, a mirala con neglixencia, a esquecela. Non! Que o meu peito ardía coma sempre no seu amor; algunhas das súas máximas estaban xa fixadas na miña alma para nunca xamais borrarse. (…) E cantas veces tamén recitaba en alta voz as odas á invención da imprenta e a [[Juan de Padilla]], e outras composicións filosóficas e patrióticas (…)”.'' </blockquote>A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: o [[Pazo de Monterrei]], preto da praza de San Miguel dos Agros, e a [[Casa Grande de Calo]], fronte a Porta da Mámoa no que hoxe é coñecido como Praza de Galicia e antiga Praza da Inquisición.<ref>Pita Galán, Paula. (2012). ''Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa.'' Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191</ref> Este último edificio foi derrubado en 1913 para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado finalmente o 23 de agosto de 1930.
 
== Notas ==