Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 48:
Se callar, a razón pola cal o Tribunal non foi estabelecido na Coruña, onde tiña a súa sede a [[Real Audiencia de Galicia]], foi pola resistencia que a burguesía mercantil dos portos galegos mostrou ante calquera tipo de perturbación no tráfico e nas comunicacións marítimas que prexudicase os seus intereses comerciais. As actividades inquisitoriais, porén, querendo impedir a entrada e propagación da reforma protestante polos portos do país, incluían a inspección das tripulacións e a carga dos barcos con procedencia en países protestantes ou católicos con portos protestantes, como era o caso da [[La Rochelle|Rochelle]] en Francia. O feito é que o Capitán e a Real Audiencia de Galicia impediron no posíbel o seu estabelecemento na Coruña. No 1589, o Concello da cidade herculina protestou contra os inquisidores que visitaban a cidade co propósito de investigar varias naves estranxeiras. Segundo parece, ían cobrando por “dereitos de visita" e forzando comerciantes a venderen o seu xénero a prezos escandalosamente reducidos, interferindo negativamente no comercio da cidade. Levados polo seu fanatismo e desprezo polas actividades comerciais, os inquisidores chegaron a propor ao rei fechar os portos galegos ao comercio cos países do norte da Europa como o mellor xeito de evitar a propagación da reforma de [[Martiño Lutero]].
 
Segundo [[Emilio González López]]<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref>, a falta dun ambiente propicio para o seu funcionamento e o escaso celo inquisitorial nas estruturas eclesiásticas e civís revélase no feito que despois do seu definitivo estabelecemento e total autonomía respecto ao Tribunal de Valladolid, aínda non comezou a súa actividade represiva até 1575, ano no que se celebraron dous autos da fe en Santiago. Tal como relata [[Vicente Risco]]<ref>Risco, Vicente (1952). ''Historia de Galicia.'' Galaxia: Vigo. pp 148</ref>, nestes autos foron torturadas e executadas públicamente un total de 23 persoas, entre as que contaban varios mariñeiros franceses luteranos e tres mulleres galegas acusadas de prácticas que os inquisidores identificaban e caracterizaban como bruxería. Nos anos seguintes, o Tribunal azoutou e desterrou varias persoas acusadas de prácticas xudaizantes e, enno 30 de noviembre de 1579, quemou máis unha muller, María Rodrigues, na fogueira no que hoxe é a [[praza de Cervantes]] baixo, mais unha vez, a acusación fabricada de bruxería. Tamén entre 1619 e 1628 numerosas mulleres do Morrazo foron torturadas e xulgadas polo Tribunal baixo este tipo de cargos. Os chamados "familiares da Inquisición", integrados por membros empobrecidos da baixa nobreza, arrebataban con estes perseguimentos os codiciados dereitos de presentación que estas mulleres tiñan en capelas e freguesías. Para disimular o seu propósito real, mesturaban algunhas que os posuían con outras que non os tiñan, escollidas entre muleres desamparadas ou viúvas. Este foi o caso de [[María Soliño|Maria Soliño]], figura lexendaria que terminou inmortalizada en varias cantigas populares<ref>{{Cita audiovisual|título=María Soliña, poema de Celso Emilio interpretado por Amancio Prada|autor=Amancio Prada|url=https://celsoemilioferreiro.org/2016/09/maria-solina-poema-de-celso-emilio-interpretado-por-amancio-prada/|data=18 de setembro de 2016|lingua=Galego|ano=1974|editorial=Disques Alvarés}}</ref>. María Soliño, posuidora de dereitos de presentación na [[Colexiata de Cangas]] e na Igrexa de [[San Cibrán, Aldán, Cangas|San Cibrán de Aldán]], entrou nos [[Alxube|alxubes]] da Inquisición en 1621 e sofreu terríbeis torturas. O 23 de xaneiro de 1622, após a sua confesión, foi condenada cunha confiscación de bens, debendo levar un sambenito durante medio ano e ficando nas mais absoluta indixencia con 70 anos. Moitas outras mulleres foron tamén xulgadas naquela altura, como foi o caso de Catalina da Iglesia, Elvira Martínez, Teresa Pérez ou María dos Santos.
[[Ficheiro:Casiano de Prado.jpg|miniatura|Casiano de Prado y Vallo (1797-1866)​​]]
A inquisición española en Galiza seguiu a operar até a súa primeira abolición durante o reinado de [[Xosé I de España|José I]] entre 1808 e 1812 e posteriormente polas [[Cortes de Cádiz]], só para ser restaurada de novo por [[Fernando VII]] en 1814 máis ser definitivamente abolida en 1834 durante o [[Trienio liberal|Trienio Liberal]]. Porén, a institución sobreviviu sustituida nalgunhas dióceses polas coñecidas Xuntas da Fe ou diocesanas e que non foron legalmente abolidas até o primeiro de xullo de 1835. Unha das últimas víctimas galegas foi o enxeñeiro de minas e xeólogo [[Casiano de Prado|Casiano de Prado y Vallo]], nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797. En 1817 foi detido polo tribunal compostelano seguindo as ordes de [http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/51148 Juan José Caamaño Pardo], conde de Maceda e alguacil maior da Inquisición naquela altura, e acusado de "proposicións", e dicir, de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler libros pertencentes ao [[Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum]]. Pasou 400 días incomunicado nas celas inquisitoriais, experiencia que relatou nun artigo anónimo titulado "Visita dun [[alxube]] da inquisición de Santiago por un que o tiña habitado pouco tempo antes<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=de Prado y Vallo|nome=Casiano|data=30 de Setiembre de 1820|título=Visita de un calabozo de la inquisición de Santiago por uno que lo habia habitado poco antes|revista=El Conservador, nº 188|número=|lugar=Madrid}}</ref>" publicado durante o Trienio Liberal despois de ter visitado de novo a cela número 5 onde ficou preso: <blockquote>''"Aquí estiven á mercé dos máis afamados e crueis axentes da tirania e o erro; aquí vinme reducido á máis triste soidade, separado da miña familia, dos meus  amigos, privado dos meus libros e de todo o que puidese facer a miña situación máis levadeira. (…) Como sabían estes malvados aumentar as penas dos desgraciados que aquí tiñan! Non lles chegaba con terme sen comunicación, (…) negáronseme tamén os meus libros; e se pedia algunha graza, chamábanme de criminal. Bárbaros! Se callar pensabades que sen estes depósitos de verdade chegaría eu a desdeñala, a mirala con neglixencia, a esquecela. Non! Que o meu peito ardia como sempre no seu amor; algunhas das súas máximas estaban xa fixas na miña alma para nunca xamais borrarse. (…) E cantas veces tamén recitaba en alta voz as odas á invención da imprenta e a [[Juan de Padilla]], e outras composicións filosóficas e patrióticas (…)”.'' </blockquote>A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: o Pazo de Monterrei, perto da praza de San Miguel dos Agros, e a Casa Grande de Calo, fronte a Porta da Mámoa no que hoxe é coñecido como Praza de Galicia e antiga Plaza de la Inquisición <ref>Pita Galán, Paula. (2012). ''Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa.'' Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191</ref>. Este último edificio foi derrubado para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado o 23 de agosto de 1930.